//
estás a ler...
Uncategorized

O COLEXIO AS SOLANAS ACOLLEU UNHA PRESENTACIÓN DO PROXECTO SOCHEO, NO MARCO DO SEU ANIVERSARO


·  O Proxecto Socheo está sacando á luz gravacións dos anos 70 de Enrique Barreiro nas últimas semanas

·  En Internet pódese acceder a este patrimonio audiovisual recuperado da Guarda e do Baixo Miño

O pasadosábado 25 de maio, o CEIP As Solanas de A Guarda viveu unha xornada de celebración por mor do seu XXV aniversario.. Dentro das actividades programadas para ese día, está unha presentación do Proxecto Socheo, a cargo de unha dos seus promotores: Beli Martínez, ex alumna do centro. A cita é ás 17:00 horas,

Na cita amosáronse algúns dos traballos compilados no Proxecto Socheo ata o momento e abrirase un tempo de diálogo cos asistentes. Entre eles estará A Gaiteira de Camposancos, unha curtametraxe realizada por estudantes do centro en 1993 dentro da sección “Galicia de escola a escola” do programa de TVE en Galicia “Fiadoiro”.

Nas últimas semanas, o Proxecto Socheo está sacando á luz unhas valiosísimas gravacións dos anos 70 de Enrique Barreiro, con imaxes da zona das Eiras ou un desfile da Festa do Monte daquela altura. Como moitos dos seus arquivos, xa están dispoñibles en Internet.

O Proxecto Socheo prosegue así coa difusión pública de pequenos tesouros e co traballo de dinamización da súa recuperación do patrimonio audiovisual do Baixo Miño.

Esta mesma semana Socheo foi protagonista dunha sesión no Cineclube de Pontevedra Foi unha nova chamada ao traballo do Proxecto Socheo, que tamén mereceu presenza e atención en citas e institucións como Festival Cineuropa 2012 de Santiago, exposición Plan de Rescate na Coruña, Centro Galega de Artes da Imaxe, Proxecto Grand Treasures en Estonia, Memoria Acústica Europea, Memorybytes en Barcelona… entre outros.soncheo

Para seguir nesta liña, os seus impulsores solicitan a colaboración de todo aquel que teña gardadas algunha gravación. Emigrantes, mariñeiros, turistas, veciños en xeral … todas teñen valor. As imaxes analóxicas que se facilitan a Socheo dixitalízanse e se editan adecuadamente sen ningún custe para o particular.

E-mail: proxectosocheo@gmail.com  Isabel Martínez Telf. 646 825 648

Youtube: http://www.youtube.com/user/proxectosocheo2012

Facebook: http://www.facebook.com/proxecto.socheo   Twitter: @proxectosocheo

+ Información sobre o Proxecto Socheo

www.proxectosocheo.wordpress.com

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: