//
estás a ler...
Uncategorized

Subvencións a concellos de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais


ORDE do 20 de maio de 2013

Obxecto. Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas á mellora e equipamento dos locais das corporacións locais e as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia para o ano 2013, no que atinxe á mellora do equipamento e das dotacións técnicas dos locais destinados a actividades culturais, conforme o procedemento que a continuación se establece. Inclúense nesta orde os equipamentos e dotacións realizados desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustificación da orde.

Dotación das axudas: Realización de investimentos de equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, xeral de sala, sistemas de prevención e seguridade e novas tecnoloxías, así como accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 50.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 75 % do orzamento total do proxecto subvencionable. Este importe de 50.000 euros ascenderá a 57.500 euros cando se trate de solicitudes conxuntas, é dicir, solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).

Beneficiarios: Os concellos de Galicia e as súas entidades públicas, así como agrupacións de concellos, titulares de locais culturais, cunha programación estable ao longo do ano.

Prazo. Os concellos e entidades públicas con personalidade xurídica propia que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

ORDE do 20 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas, con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: