Presentación de candidaturas aos Premios da Cultura Galega 2013


premiosdaculturalogoA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo de presentación das candidaturas para participar nos Premios da Cultura Galega 2013, unha edición marcada pola incorporación dunha nova modalidade dedicada á lingua, en recoñecemento do labor a prol da valoración e da extensión do uso do galego, como recolle hoxe o ‘Diario Oficial de Galicia’ (DOG).

O obxectivo destes galardóns é pór en valor e darlle visibilidade ao traballo desenvolvido en beneficio da cultura galega nos ámbitos da música, das artes escénicas, do audiovisual, do patrimonio cultural, da proxección exterior e, a partir desta edición, tamén da lingua.

As asociacións e institucións de Galicia teñen desde hoxe un prazo de dous meses para presentar as candidaturas daquelas persoas e entidades que se consideren con méritos suficientes, de forma argumentada e probada, para seren distinguidas en cada unha das modalidades. Así, a concesión destes premios será un acto de agradecemento colectivo ao labor creativo e ao esforzo polo desenvolvemento cultural de Galicia que realizan día tras día artistas, profesionais, entidades e agrupacións sociais, dentro e fóra das nosas fronteiras.

Máis información

 

Advertisements