//
estás a ler...
Uncategorized

Convocatoria para propoñer actividades e presentacións no Culturgal


culturgalCulturgal 2013, abre o prazo para propor actividades, como nas últimas edicións desenvolverase en  Pontevedra, do 29 de novembro ao 1 de decembro. O prazo para presentar as propostar remata o 3 de outubro.

A Feira das Industrias Culturais quere ser un espazo de divulgación dos proxectos máis interesantes da cultura galega actual. Con este obxectivo, ademais de ofrecer espazos de exposición para as entidades que forman parte do tecido cultural e espazos de debate e reflexión, Culturgal abre unha convocatoria para a proposta de actividades ou presentacións que darán a coñecer proxectos, produtos e servizos.

Quen pode participar?

A convocatoria está aberta a empresas, persoas, asociacións e outras entidades, que poderán presentar proxectos empresariais ou creativos de calquera disciplina ou sector das industrias culturais, sempre e cando teñan participación galega.

Aquelas propostas presentadas por entidades que, ademais, contrataran un stand, serán valoradas con prioridade no proceso de selección. En calquera caso, a contratación dun stand non implica a inclusión das propostas no programa de Culturgal 2013, senón sinxelamente unha vantaxe á hora de seleccionar propostas e presentacións.

Cales son os beneficios dos proxectos seleccionados?

•Formar parte do programa da Feira, obtendo visibilidade e difusión entre profesionais, programadores, líderes de opinión e público xeral

•Promoción e publicidade nos soportes de comunicación de Culturgal

•Produción técnica, de ser o caso, segundo espazo e acondicionamento de cada área

Cales son os espazos de programación?

Culturgal 2013 articúlase en base ás seguintes grandes áreas ou sectores: Libro, Música, Artes Escénicas, Audiovisual e tecnoloxía, Infantil. A organización da feira procura confeccionar un deseño espacial e un percorrido que sexan cómodos e sinxelos, tanto para facilitar que o público xeral teña unha experiencia satisfactoria cun itinerario que atenda aos seus intereses persoais como para que todas aquelas entidades e creadores presenten os seus proxectos na feira nas mellores condicións.

Máis información: http://culturgal.com/

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: