//
estás a ler...
Uncategorized

O retorno social da cultura: eixo das Xornadas Profesionais da 16ª Fira Mediterrània de Manresa


manresa

A 16ª Fira Mediterrània de Manresa presenta as Xornadas Profesionales dedicadas ao  ‘Retorno Social da Cultura’, que se desenvolverán os próximos 7 e 8 de novembro no Museo da Técnica de Manresa, coa participación de 22 ponentes.

Propoñen experiencias de proxectos culturais que establecen lazos comunitarios, implicación cidadá e accesibilidade a programacións para as persoas dos territorios que os acollen como: “The very good Festival” (India), o “Festival Ganoua de Essaouira” (Marrocos) ou o programa pedagóxico da “Feria de Teatro de Castilla y León – Ciudad Rodrigo”.

Tamén se presentará o Método SROI: Social Return on Investment, utilizado no Reino Unido e Irlanda, pero ainda bastante descoñecido en España. Descubriremos cómo medir o valor social real que un proxecto cultural produce na sociedade. Esta formación conta coa colaboración do Departamento de Cultura da Generalidad de Cataluña.

No mesmo senso analítico, Xavier Fina exporá o recente estudo publicado polo Observatorio Vasco da Cultura: avaliación do retorno social das axudas públicas en cultura. Pensando en coñecer realidades socioculturais lonxanas e territorialmente diversas, confluirán na mesma mesa redonda Sara Bech (Dinamarca), de Verdens Kultur Centret; Mohamed Fahmi (Marrocos), da Red Anna Lindh Foundation; Evelyne Chevalier (Francia), do Parque de la Villette de Paris; Claudio Giagnnotti (Italia) ,do proxecto musical Mascarimirì, e Gabriel Veiga (Brasil) ,da escola Recriarte e “Teatro para Todos”. Esta mesa será moderada por Esteban Linés, responsable de música de La Vanguardia.

Como o mesmo Carlos Gil, director da Revista Artez das Artes Escénicas, remarcará na ponencia inaugural, hai que reivindicar cultura dende todos os ámbitos e é por iso que as Xornadas Profesionais culminarán cun Vis a Vis entre o sector xornalistico e o cultural coa pregunta “Interesa a cultura nos medios de comunicación?”, con Vicent Partal (Vilaweb) ,Luis Hidalgo (TV3), Luis Cabrera (Taller de Músics), Eduard Miralles (Diputación de Barcelona) e Susana Paz ( Regió 7).

As Jornadas terán servizo de tradución simultánea catalán -castelán- inglés
Entregarse un certificado de asistencia de 10 horas

Para asistir ás xornadas hai acreditarse como profesional na Fira e reservar praza enviando un mail a serveijornades@firamediterrania.cat. A acreditación da acceso a todos os espectáculos programados e a todas as actividades profesionais.

Prezos reducidos ata o 16 de septembro e vantaxes especiais para os socios das entidades profesionais colaboradoras e estudantes de Xestión Cultural.

Máis información: http://www.firamediterrania.cat/

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: