//
estás a ler...
Uncategorized

Convocatoria de subvencións do Programa de Cidadanía Activa


A Plataforma de ONG de Acción Social fai pública a Convocatoria de subvencións do Programa de Cidadanía Activa que conta cun presuposto de 3.715.550 € para o desenvolvemento de proxectos de ONG en España. A data límite de presentación de solicitudes é o mércores, 6 de novembro de 2013 ás 15:00 h.

O obxectivo xeral do Programa de Cidadanía Activa é “O fortalecemento da sociedade civil e unha maior contribución á xustiza social, a democracia e o desenvolvemento sostible”. O programa enmárcase en Mecanismo Económico Financeiro do Espazo Económico Europeo (2009-2014) para España, desenvolvendo os obxectivos xerais de redución das diferenzas económicas e sociais e o fortalecemento das relacións bilaterais entre os Estados Doadores (Noruega, Islandia e Liechtenstein) e España

De acordo á misión da Plataforma de ONG de Acción Social en España, este programa será unha importante contribución ao desenvolvemento dos obxectivos xerais do II Plan Estratéxico do Terceiro Sector de Acción Social, mellorando a orientación estratéxica das ONG, o seu traballo en colaboración, e con iso o impacto da súa acción.

Para lograr este obxectivo e aliñado coa misión da Plataforma, esta Convocatoria está dirixida a prestar apoio a proxectos que se desenvolvan no marco dos seguintes eixes: Fomento da cidadanía activa; Aumento da implicación das ONG na toma de decisións políticas cos gobernos locais, rexionais e nacionais; Partenariados intersectoriais desenvolvidos, particularmente entre organizacións a nivel local, rexional ou nacional e Desenvolvemento de redes e coalicións de ONG que traballen en partenariado.

Os proxectos poderán ser presentados por ONG que estean establecidas en España, que traballen para o interese público e que estean constituídas como entidades legais baixo a normativa nacional, ademais deben ser innovadores e capaces de xerar valor engadido para a sociedade civil.

A Plataforma de ONG de Acción Social é unha organización de ámbito estatal, privada, aconfesional e sen ánimo de lucro que traballa para promover o pleno desenvolvemento dos dereitos sociais e civís dos colectivos máis vulnerables e desprotexidos do noso país e fortalecer o Terceiro Sector de Ámbito Social.

Máis información

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: