//
estás a ler...
Escena

Próxima edición en Carballo do 22 Outono De Teatro – FIOT 2013


Emoción, humor, poesía, reflexión, beleza, ilusión, historias, experiencias,… son o alento co que o FIOT impregna ao outono de Carballo. En tempos de incerteza, continuamos ofrecendo “pracer intelixente” (como di o lema dunha das compañías presente no programa deste ano), e seleccionamos o mellor das carteleiras para que o teatro nos facilite a entrada no inverno.

O Festival Internacional Outono de Teatro celébrase en Carballo dende o ano 1992. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte coa colaboración do Concello de Carballo.

cartelFiot2013_300pxV2Creouse coa vontade de encher un oco na programación teatral da provincia da Coruña, na que non abundan os festivais de teatro, e de levar a cabo unha proposta que puidera impulsar a feble estrutura teatral da comarca de Bergantiños que ata ese momento carecía de programación teatral estable.

Na historia do FIOT atópanse as principias compañías de teatro de Galicia, xunto con importantes compañías de España, Latinoamérica ou Europa: Teatro do Morcego (Cangas), Chévere (Santiago), Monicreques de Kukas (Santiago), Ollomoltranvía (Santiago), Talía Teatro (Cee), Teatro do Noroeste (Santiago), Falcatrúa Teatro (Santiago), Títeres Cachirulo (Santiago), Malbarate teatro (Santiago), Spaguetti Teatro (Pontevedra), Danthea Teatro (A Coruña), Sarabela Teatro (Ourense), Contracontos (Santiago), Viravola Títeres (Santiago), Compañía de Pilar Pereira (Santiago), Tanxarina Títeres (Redondela), Teatro do Aquí (Santiago), Áncora Produccións (A Coruña), Nordesía Produccións (Santiago), Teatro de Ningures (Santiago), San & San (A Coruña), Teatro do Atlántico (A Coruña), Lagarta, Lagarta (Santiago), Teatro Mohicano (País Vasco), Teatre Arca (Cataluña), Teatro Meridional (Madrid), Ángel Ruiz e Mariano Martín (Madrid), La Quimera de Plástico (Valladolid), Lavi e Bel (Granada), Yllana (Madrid), Teatro Corsario (Valladolid), Zascandil Teatro (Madrid), Toni Albá (Barcelona), Noba Producciones (Zaragoza), Jácara Teatro (Valencia), Teatro del Temple (Zaragoza), Suripanta Teatro (Extremadura), Zanguango Teatro (Salamanca), Cachivache (Madrid), Carles Flaviá (Barcelona), Tanttaka Teatroa (País Vasco), Ados Teatroa (País Vasco), Al suroeste teatro (Castilla-La Mancha), Ques quis pas (Madrid), Cambaleo Teatro (Madrid), L’Om Imprebís (Valencia), Titzina Teatro (Cataluña), Metamorfosis Producciones (Madrid), La Tropa (Chile), Galiano 108 (Cuba), Teatro Estudio (Cuba), Leo Bassi (Italia), Avner The Eccentric (Estados Unidos), Elliot (Bélxica),Teatro de los Andes (Bolivia), El Galpón (Uruguai), Malayerba (Ecuador), Teatro delle Ariette (Italia), Compañía João García Miguel (Lisboa), Joseph Collard (Bélxica), Centro Dramático Galego (Galicia), …

Máis información en http://www.fiot.org/

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: