//
estás a ler...
Uncategorized

Economía e Cultura. Conversa con… Ana María Llopis


sConversa con...2013

Economía e Cultura celebra neste mes de outubro unha nova conversa. Desta volta, con Ana María Llopis de Ideas4all, un espazo onde compartir e madurar ideas; plataforma creada coa finalidade de favorecer a intelexencia e coñecementos colectivos, algo moi necesario na sociedade actual.

Ana María Llopis é unha muller cunha intelixencia e unha enerxía asombrosas que lle permitiron multiplicarse en infinidade de retos e responsabilidades. Licenciada en Física pola Universidade de Maryland e doutora en enxeñería da ciencia dos materiais pola Universidade de Berkeley, desenvolveu unha vida profesional profusa, á fronte de empresas como Openbank (Grupo Santander), British American Tobacco, Société Générale, Grupo DÍA ou ABN Amrobank, por citar só algúns exemplos. Esa rica traxectoria valeulle ser considerada unha das mulleres máis influentes de Gran Bretaña.

A vinculación coa creatividade e as artes venlle de familia, sendo presidenta da Fundación de Arte Latinoamericano José Félix Llopis. Así e todo, será en 2007 cando constitúa Ideas4All, unha compañía dedicada á innovación aberta e ao intercambio e transferencia de coñecemento vía web. A inicios de 2012 xa contaba con 183.000 usuarios en 160 países, tendo ademais traballado para Iberia, Fundación Telefónica ou Telepizza. Con Ideas4All, Ana María Llopis quixo crear “a maior rede de ideas mundial”, e vai camiño de conseguilo. Ideas4All recibiu o premio FICOD á mellor start up de 2009 e quedou finalista do BBVA Open Talent en 2010.

Ao longo desta mañá teremos o privilexio de poder compartir as reflexións e experiencias dunha das maiores expertas mundiais en xestión do talento e a creatividade.

Programa

10:00-10:15 | Presentación

10:15-11:15 | Que é unha idea, e que se podería considerar unha “boa” idea.

11:15-12:00 | Obradoiro de ideas!

12:00-12:30 | Pausa

12:30-13:30 | Como se pasa á acción. E despois de compartir ideas… que facemos?

13:30-14:00 | Debate final.

Información extraída da web da Cidade da Cultura,  http://www.cidadedacultura.org/gl/evento/conversa-con-ana-maria-llopis

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: