//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Cooperativas no sector da cultura


cooculturaA Dirección Xeral de Cooperativismo e Economía Social e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia organizan o mércores 13 de novembro, na sala Eisenman da Cidade da Cultura, a xornada “Cooperativas no sector da cultura”.

Plantéxase o interese en potenciar coñecemento mutuo entre o sector cultural e a economía social, no contexto de crise no que tal e como recolle a web da Cidade da Cultura, o sector cultural esta sendo especialmente castigado. “Nesta conxuntura, os e as profesionais da creación están a redefinir os seus modos de traballo, buscando novas vías que lles permitan subsistir e viabilizar os seus proxectos. Entre outras, están a apostar por fórmulas que facilitan a cooperación entre profesionais independentes (coworking). Albíscase pois un interese crecente por modelos inspirados nos valores da economía social”.

Con esta finalidade de avanzar no coñecemento mutuo cultura – cooperativismo presentan o seguinte programa.

 Programa

16:00 | Acreditación e benvida

16:30 | Presentación dos proxectos de emprendemento desenvoltos pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Beatriz González Loroño, Directora-Xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

16:50 | A Rede Eusumo e outros servizos e incentivos que impulsan novas cooperativas. Xoán Miguel Concheiro Abal, Subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social, Xunta de Galicia.

17:10 | O modelo cooperativo e as súas posibles aplicacións no sector cultural. Ana Lorenzo Vila, Equipo técnico da Rede Eusumo.

17:40. Actuación do grupo de cámara do Conservatorio Histórico de Santiago

18:15 | Descanso

18:30 | Experiencias cooperativas no sector cultural:

Grupo Mus21. Madrid.

Culturactiva. Santiago.

O Cable Inglés S. Coop. Galega. Vigo.

Conservatorio Histórico de Santiago

19:45 | Clausura da Xornada a cargo de Odilo Martiñá Rodríguez, Director Xeral de Traballo e Economía Social.

Máis información: 

 

http://www.cidadedacultura.org/gl/evento/cooperativas-no-sector-da-cultura

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: