//
estás a ler...
Xestión Cultural

III Foro Internacional de Espazos para a Cultura


foros espazos cultura

O Foro Internacional de Espazos para a Cultura volve á Cidade da Cultura os días 15 e 16 de novembro de 2013  baixo o título A Revolución dos Festivais Artísticos, que centrará a súa atención na capacidade de transformadora de certos eventos sobre unha cidade e a súa comunidade.

Ponentes participantes: David Binder (Productor), María Sheila Cremaschi (Hay Festival, Segovia), Hortense Archambault (Festival D’Avignon), Jesús Cimarro (Festival Internacional de Teatro de Mérida), Francisco Martín (La Mar de Músicas) e Jonathan Mills (Edinburgh International Festival). Consulta o dossier na zona de descargas.

Como David Binder narrou na súa charla no TED en 2012, os festivais modernos naceron tras da Segunda Guerra Mundial; eran citas anuais creadas polos novos líderes modernos para enxalzar a cultura coma a maior expresión do espírito humano. En 1947, naceu o Festival de Edimburgo, ao que seguiron Avignon e outros tantos máis, cuxo labor centrábase principalmente na «Arte» con maiúsculas. Con eles, apareceron estrelas coma Laurie Anderson, Merce Cunningham ou Robbert Lepage, vehículos indispensables para a xestación dunha revolución.

Mais co paso dos anos, estes fóronse establecendo e, mentres o capital e a cultura se reactivaron, a aparición de Internet uniunos e as xerarquías desapareceron, emerxendo baixo a estela dos primeiros —que seguían a prosperar—, outra forma de festivais: eran eventos abertos que propuñan que a imaxinación e a creatividade non podían pecharse en edificios, que o diálogo entre o local e o global era esencial, que precisaban da plena participación do público converténdoo no verdadeiro protagonista.

Durante uns poucos días ao ano, estes festivais poden chegar a transformar grandes cidades ou pequenos núcleos urbanos en lugares invadidos por posibilidades infinitas de creación. Mais por riba de todo, a súa mensaxe é clara: a ocupación artística da cidade e a recuperación das rúas para os seus habitantes e visitantes. Igualmente, poderíamos falar do seu enorme impacto económico, mais esencialmente, axudan a unha cidade a expresarse e amósannos un mapa non só dela, senón tamén de nós mesmos.

Información extraida de http://www.cidadedacultura.org/gl/evento/iii-foro-internacional-de-espazos-para-cultura

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: