//
estás a ler...
Cultura, educación e formación, Sociocultura, Xestión Cultural

Proposta para a autoformación grupal colaborativa.


Autoformación grupal na xestión cultural

A posta en marcha de varias iniciativas na rede, como o blog xestioncultural .wordpress.com, o boletín mensual “XC” ou a rede social específica para a cultura “sociocultura.org”, pretende crear espazos virtuais válidos para potenciar e favorecer o traballo dos profesionais da cultura.

Estes espazos intentan ser dinamizados por accións que buscan a participación e a colaboración entre xestores culturais, como o “concurso de ideas”, a “dafo colaborativa”, “banco de ideas” ou  a “presenza en redes soiciais”. Coa finalidade de seguir taballando nesta liña creouse hai uns dias unha nova ferramenta para a formación on line (http://sociocultura.org/aprendizaxe), pensada para desenvolver en breve proxectos de autoformación grupal.

Esta autoformación grupal basearase no intercambio de accións formativas entre profesionais, cada participante asumirá determinado momento o rol de formador, recopilador, creador e organizador de materiais e guía e coordinador dunha acción formativa, e noutro de alumno activo participe no proceso de creación grupal de coñecemento.

aprendizaxe colaborativaTrátase de abrir a xestores culturais de todos os ámbitos a posibilidade de facer propostas formativas, e a cambio destas propostas poder participar noutras actividades de aprendizaxe.

Hai moitas e moitos profesionais que están realizando o seu exercicio profesional ou con ampla experiencia nalgún eido que poderían divulgar e compartir con outros compañeiros, ao tempo que a experiencia docente brinda tamén unha oportunidade para a aprendizaxe e a reflexión sobre a práctica da profesión.

Con este obxectivo, abrimos unha convocatoria a través da cal calquera persoa pode presentar unha proposta formativa dirixida a xestores cultuais. Os proxectos formativos a presentar poderán abordar contidos de calquera eido, sempre que teñan relación co exercicio da profesión, non será remunerada pero darán acceso a participar noutros presentados por outras persoas.

Tes ata o 15 de decembro de 2013 para presentar a túa proposta, só tes que cubrir o cuestionario adxunto cos datos máis básicos, e envialo por correo electrónico a xestioncultural@gmail.com ou formacion@sociocultura.org.

fichaautoformación

Cuestión e carácterísticas dos proxectos formativos a realizar.

Limitacións organizativas obrigan a restrinxir dun xeito importante algunhas características que teñen que ter as accións formativas.

Serán completamente on line. O grupo de aprendizaxe poderá decidir outro tipo de actividades complementarias se así o decide, pero serán voluntarias e quedarán fora do noso proxecto.

Todas as propostas terán unha duración e intensidade homoxénea.

  • Vinte horas de duración nun máximo de cinco semanas. Como no caso anterior o grupo de aprendizaxe pode decidir variar algún destes aspectos pero á marxe desta iniciativa.

A función do docente non se corresponde coa tradicional, non ten por que ser un gran experto na materia de aprendizaxe, nin esta característica poderá ser esixida polos alumnos. Pola contra terá un traballo engadido con respecto ao resto do grupo, elaborando material, facilitar información, crear situación de aprendizaxe (plantexar actividades, crear actividades, organizar o tempo…), e coordinar e dinamizar ao grupo.

Así mesmo o grupo de alumnos, deberán ter un papel activo, aínda que o punto de partida e a base da actividade sexa guiada por unha persoa é o grupo no seu conxunto o que debe construir o coñecemento mediante o intercambio de experiencias e saberes.

Detrás deste proxecto de autoformación non hai ningunha entidade, asociación, empresa ou administración, nin ningún outro tipo de grupo formal, a súa organización é totalmente informal, polo que é e será imposible emitir ningún tipo de certificación ou documento que acredite a experiencia ou aprendizaxe realizada.

A plataforma empregada pode ter limitación técnicas (que serán detalladas a aqueles que fagan unha proposta), as actividades presentadas deben adaptarse ás posibilidade da plataforma.

A data prevista para o comezo das actividades de aprendizaxes é en xaneiro de 2014. A de entrega de propostas o 15 de decembro e o de entrega de materias didácticos básicos (poderán ser ampliados más adiante) é o 15 de xaneiro.

Para participar é preciso enviar a proposta segundo o modelo adxunto: FICHA INSCRIPCIÓN, e  enviala por correo electrónico a xestioncultural@gmail.com ou formacion@sociocultura.org.

acolaborativa acolaborativa

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Primeiro proposta para as accións outoaprendizaxe grupal colaborativa. | Xestión Cultural - Novembro 27, 2013

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: