II Concurso de Proxectos e Ideas para a Xestión Cultural


IIconcursoideasDespois do éxito cualitativo (non cuantitativo) do “concurso de ideas e proxectos” do ano 2012, dende este blog convócase este ano o II Concurso de Proxectos e Ideas para a Xestión Cultural, que ten por obxecto ampliar o banco de ideas creativas e innovadoras para ser empregadas por técnicos e empresas adicadas á cultura.

Pretendemos:

a. Motivar a técnicos e empresas de xestión cultural a xerar ou comunicar ideas innovadoras que abran novos camiños para a acción no eido cultural.

b. Xerar un banco de ideas innovadoras e creativas para a práctica da profesión como xestores e xestoras culturais.

c. Difundir boas prácticas, casos de éxito, así como erros e posibles solución en programas e intervencións no eido da cultura.

d. Apoiar e dar valor ao traballo dos profesionais das xestión cultural.

e. Establecer un espazo de intercambio, desenvolvemento e difusión de ideas e proxectos.

Requerimentos básicos para participar:

Poderá participar calquera profesional da xestión cultural que achegue unha idea ou presente un proxecto, ben sexa xa realizado ou non, global ou parcial, desenvolvido ou unha idea inicial.

O formato de presentación de ideas e libre, debendo envíalas ao seguinte enderezo electrónico. xestiondacultura@gmail.com

Premios:

Nesta primeira edición do  Concurso de Proxectos e Ideas para a Xestión Cultural non se fará entrega de premios materiais, quedando os premios no recoñecemento e valoración pública ante o noso colectivo profesional. Así, estableceranse dúas categorías con tres clasificacións cada unha.

Concurso de proxectos. (primeiro, segundo e terceiro clasificado)

Concurso de Ideas (primeiro, segundo e terceiro clasificado)

O sistema para a valoración das propostas, sendo algo informal será participativo, baseandose na valoración que fagan os lectores no blog www.xestiondacultura.wordpress.com , nunha primeira fase seleccionaranse os tres proxectos e ideas mellor valoradas, e nunha segunda establecerase a orde definitiva mediante unha enquisa (publica e aberta a todos os lectores).

Prazos

Establécense os seguintes prazos

Ata o 31 de decembro de 2013, envío de propostas.

Ata o 15 de xaneiro de 2014, valoracións no blog.

Entre o 16 de xaneiro e o 1 de febreiro de 2014 votación aos tres primeiros clasificados mediante enquisa.

2 de febreiro: publicación dos resultados finais e recoñecemento dos gañadores.

No mes de febreiro, coas ideas achegadas ampliarase o un “banco de ideas”.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑