//
estás a ler...
Uncategorized

Pallasos en Rebeldía.


pallasosenrebeldia

Como xa sabedes moitos de vós, continúa o Festiclown 2.0 Multisede de Rivas Vaciamadrid. Tralo Formaclown quedan moitas galas solidarias (con artistas da talla de Leo Bassi, Pablo Muñoz, Yllana, Pepón Neto, Paco Tous e moitos máis) durante as próximas fins de semana.

Tamén estan ultimando os detalles do Foro Internacional de Circo Social (do 24 ao 27 de outubro en Rivas Vaciamadrid) onde reunirán unha quincena de especialistas que compartirán as súas experiencias sobre o tema a través de mesas redondas e relatorios.
E, en paralelo, seguen coas caravanas solidarias. Estes días están no Sáhara invitados polo FiSahara. Unha delegación de Pallasos en Rebeldía anima o festival con pasaareas e actuacións. Ademais, presentará o Concerto das Dunas. Están ata as orellas de area pero non poderían ser máis felices.
Podes estar ao tanto de todo a través da web, o Twitter e o Facebook. ¡Ah!, e na canle de Vimeo están colgando os vídeos que chegan directamente do Deserto.
Nada disto sería posible sen o voso apoio. ¡Grazas e trasi que trasi para todos!
ENLACES:

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: