//
estás a ler...
Uncategorized

MICAtlántica


mic

Dende o 23 ao 26 de novembro de 2013, desenvolverase no Gaiás, Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) a MICAtlántica. Organizado pola Secretaría de Cultura de la Nación Argentina e a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Na súa web http://www.micatlantica.org/micatlantica# poderse ler a seguinte información:

Que é MICAtlántica e como impulsará o sector?

O Mercado das Industrias Culturais Atlánticas, que se realizará do 23 ao 26 de novembro en Santiago de Compostela, Galicia, é o primeiro encontro de empresarios arxentinos, españois e portugueses dedicado a desenvolver as industrias culturais de dúas rexións separadas polo océano, pero unidas por unha historia común capaz de contribuir ao intercambio e o crecemento de sus bens e servizos culturais.

Esta iniciativa proponse consolidar un futuro en conxunto potenciando as propias identidades e creando circuitos de circulación.

O fortalecemento do vínculo interrexional a partir das industrias culturais permitirá pensar e actualizar unha axenda de integración e cooperación sociocultural nos ámbitos nacional e internacional.

Cal será a dinámica de MICAtlántica?

Os sectores convocados a participar son seis: Artes escénicas, Audiovisual, Deseño e artesanía, Editorial, Música e Videoxogos.

No mercado, empresarios, institucións, produtores, artistas e pemes, atoparanse cos seus pares transatlánticos para abrir novas oportunidades de vinculación e intercambio comercial, a través de roldas de negocios, conferencias, debates e presentacións artísticas en vivo.

Tamén en Santiago de Compostela ofreceranse  espectáculos con artistas arxentinos e galegos ata o 29 de novembro.

Desde MICAtlántica traballarase para construír corredores comerciais e xerar complementariedade na participación en feiras, festivais e mercados internacionais. Ademais, o encontro permitirá coñecer a oferta e as características do consumo, e motorizar acordos de intercambio de recursos (humanos, tecnolóxicos, loxísticos), capacitación, venda e comercialización de bens e servizos culturais.

Máis información en http://www.micatlantica.org/micatlantica#

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: