//
estás a ler...
Cultura, educación e formación, Xestión Cultural

Primeira proposta para as accións outoaprendizaxe grupal colaborativa.


comunicacion

Estes son os datos desta primeira proposta de actividades de aprendizaxe en común.

Titulo da acción formativa: Comunicación e difusión do patrimonio cultural        .

Xustificación:

A posta en valor de recursos e  bens patrimoniais pode ter un forte apoio en accións educativas e tamén divulgativas. Proponse unha presentación dos plantexamentos que poden levar a unha boa práctica na comunicación do patrimonio cultural e a fortalecer a relación entre este e a cidadanía, acadando o primeiro paso necesario para a súa conservación e valoración, que é facelo visible, comprensible, amosando o seu interese.

Obxectivos:

  • Coñecer o sector da comunicación do patrimonio e a súa potencialidade para o turismo cultural.
  • Propor ferramentas para a creación de proxectos de comunicación de produtos culturais.
  • Explorar as posibilidades de usar novas formas de comunicación no sector do patrimonio cultural.

 Contidos:

  • Aproximación teórica ao patrimonio cultural.
  • Procesos de comunicación e xestión do patrimonio.
  • Difusión cultural.
  • A comunicación de produtos patrimoniais.
  • Ás TICs como ferramentas da comunicación do patrimonio cultural.

Metodoloxía:

Esta acción formativa enmarcase na proposta de autoaprendizaxe grupal deste blog, desenvolverase totalmente on line, no espazo http://sociocultura.org/aprendizaxe , e poderán participar de xeito gratuíto todas aquelas persoas que presente unha proposta formativa para ser desenvolvida do mesmo xeito

A autoformación grupal basearase no intercambio de accións formativas entre profesionais, cada participante asumirá determinado momento o rol de formador, recopilador, creador e organizador de materiais e guía e coordinador dunha acción formativa, e noutro de alumno activo participe no proceso de creación grupal de coñecemento.

Podense ler mais detalles sobre a autoaprendizaxe grupal colaborativa en https://xestioncultural.wordpress.com/2013/10/28/proposta-para-a-autoformacion-grupal-colaborativa/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: