Sirgo Torcendo. Obradoiro de Narración Oral


sirgo_logoProposta de Sirgo Torcendo de obradoiro de narración oral e lectura de viva voz impartido pola contadora, cantante e actriz Charo Pita.

Un obradoiro pensado para ensinar a contar historias, a facer un conto a medida ou adaptar aqueles que descubrimos en librarías ou bibliotecas.

O obradoiro está específicamente deseñado para escolares que desexen iniciarse nas tarefas de animación á lectura nos centros de ensino. Os seus contidos oriéntanse ao fomento da comunicación libre e imaxinativa, incentivando, ao tempo, a escoita  e recolleita de contos, adiviñas, cancións ou lendas urbanas.

E todo isto nun distendido ambiente no que aprender a gozar da lectura e da escoita de contos explorando as moitas posibilidades que ofrece a narración oral

A intención
Como se contar historias fose un oficio semellante ao de costureira ou xastre, podemos facer un conto a medida para contar ou adaptar os que descubrimos en librarías ou bibliotecas, ou aqueles que nos chegan a través da xente do nosso arredor. As preguntas clave para este obradoiro serían: De onde tirar o tecido para elaborar un conto? Como deseñalo, cortalo e coselo para podelo ler de viva voz ou para contalo sen libro? Como atopar historias? Como adaptalas á nosa medida? Neste obradoiro afondaremos na técnica de como facer do conto un traxe á medida da persoa que narra, que ferramentas corporais e vocais son precisas, que lugar ocupan o silencio, os oíntes e o propio narrador, no acto de dicir de viva voz e como
transformar un relato escrito nunha historia para ser narrada.

Obxectivos
– Contar o que lemos.
– Sementar a través da exploración persoal a curiosidade cara o narrador que levamos dentro.
– Coñecer historias e libros para contar e ler de viva voz.
– Fomentar a comunicación libre e imaxinativa entre individuos.
– Comprender a cantidade de posibilidades reais e por inventar que ofrece a narración oral.
– Facilitar as pautas necesarias para poder traballar desde a oralidade un conto escrito.
– Incentivar á escoita e á recolleita de contos, adiviñas, cancións e lendas urbanas de tradición oral.
– Valorar a tradición oral como unha forma de transmitir cultura e de coñecer o mundo que nos rodea, así como outras culturas.
– Animar ao uso da narración e da lectura de viva voz na escola.

http://www.sirgotorcendo.com/

Advertisements

2 opiniones sobre “Sirgo Torcendo. Obradoiro de Narración Oral

Comentarios pechados.