//
estás a ler...
Escena, Rede Cultural Deputación Coruña, Xestión Cultural

Abre o prazo para a solicitude de actuacións da Rede Cultural da Deputación da Coruña


deputacionA Deputación da Coruña abrirá mañá (7 de febreiro) o prazo para que concellos e entidades da provincia poidan solicitar actuacións dos grupos e artistas inscritos na Rede Cultural 2014, da que este ano forman parte 1.715 agrupacións tanto profesionais coma non profesionais.

Os concellos e asociacións que se queiran beneficiar desta iniciativa, deberán presentar as súas solicitudes entre os días 7 e 26 de febreiro, tal e como se recolle no anuncio publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia.

Todos os datos das agrupacións artísticas que participan nesta nova edición da Rede Cultural poden consultarse na páxina web da Deputación (www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural/). En canto aos impresos de solicitude, poderán atoparse nos concellos, na sede provincial e tamén en internet.

A relación do programa deste ano inclúe o XXIII programa de música e teatro para profesionais, así como o XXVI ciclo de música e o VIII programa para compañías de danza. Na categoría non profesional, o programa de música e teatro chega a súa XXVIII edición, e nel haberá dende bandas de música e gaitas ata corais, orquestras, solistas e danza. Nas artes escénicas terán cabida os monólogos, as actuacións monicreques, os contacontos e a maxia, así coma o circo e os acróbatas.

Achegas provinciais para as actuacións

A Deputación asumirá o 70% do gasto xerado pola contratación destes grupos no caso dos concellos de menos de 5.000 habitantes. Para os de entre 5.001 e 15.000, a porcentaxe achegará o 50%, mentres que nos concellos de máis de 15.000 habitantes a Deputación asumirá ata o 40% do orzamento total.

As entidades sen ánimo de lucro deberán facer fronte á metade do gasto pola contratación dalgún destes espectáculos, mentres que a outra parte correrá a cargo da Deputación da Coruña.

As entidades sen ánimo de lucro deberán facer fronte á metade do gasto pola contratación dalgún destes espectáculos, mentres que a outra parte correrá a cargo da Deputación da Coruña.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: