Debate en Compostela: Que facer coa cultura?


Logo-da-AGPXCA Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural continúa en Compostela, na Galería Sargadelos (Rua Nova 16), a xeira de debates sobre o documento “Pensamentos sobre: que facer coa cultura?”.

Este documento naceu dun encontro similar que celebramos en decembro no marco do Culturgal 2012, coa asistencia dun cento de profesionais, políticos, xornalistas e artistas de toda a Península. Dentro das reflexións máis repetidas entendíamos que unha sociedade que pretenda ser sostible, solidaria e con opcións de futuro, debe protexer e tecer redes comúns cos servizos sociocomunitarios e tamén entre os tres alicerces da sociedade do coñecemento: a educación, a ciencia e a cultura. Ducias de profesionais e políticos foron convidados para reflexionar sobre as conexións, problemáticas e posibles accións conxuntas entre estas áreas.

Esta información está extraida da web da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Culturalhttp://xestoresculturais.org/chega-a-compostela-a-xeira-de-debates-sobre-o-documento-pensamentos-sobre-que-facer-coa-cultura/ 

Advertisements