//
estás a ler...
Cultura, educación e formación, Xestión Cultural

A Plataforma cidadá Proxecto Cárcere abre a convocatoria fotográfica “Coruña Baleira”


A Plataforma cidadá Proxecto Cárcere abre a convocatoria fotográfica “Coruña Baleira” ata o 13 de Maio para visibilizar os espazos, que como o antigo cárcere da Torre, están en desuso na nosa cidade. As imaxes recibidas serán expostas no blog e redes sociais de Proxecto Cárcere e unha vez remate a convocatoria serán utilizadas en accións reivindicativas organizadas pola Plataforma.
Para mais información visitar a sección “Coruña Baleira” no blog de Proxecto Cárcere (http://proxectocarcere.blogaliza.org/coruna-baleira/) ou contactarnos no email proxectocarcere@gmail.com
corunhabaleira

Cantos espazos baleiros existen na nosa cidade? Cantas persoas precisan dun espazo para iniciar unha actividade profesional, social, cultural, ou simplemente para vivir?

En base a estas preguntas a plataforma cidadá Proxecto Cárcere abre unha convocatoria fotográfica para visibilizar eses espazos en desuso que enchen cada día mais a nosa cidade.

Proxecto Cárcere leva tres anos organizada como catalizadora de propostas da cidadanía para recuperar o antigo cárcere da Torre e transformalo nun centro sociocultural e da memoria. Somos pois especialmente sensibeis a esa contradicción que se presenta na nosa cidade entre persoas que precisan de locais e lugares onde encontrarse e desenvolver a súa actividade, e o crecente número de edificios tanto publicos como privados, moitos históricos, que van degradándose e desaparecendo diante dos nosos ollos.

O cárcere é un bó exemplo, pois só tres anos atrás pudemos entrar e organizar unhas xornadas onde colectivos e persoas individuais dos eidos da arte, movementos sociais e culturais da Coruña tiveron un espazo onde compartir coa cidadanía as súas experiencias e propostas. Hoxe, o cárcere está abandonado e en grave estado de deterioro, fechado por parte das autoridades a calquera intervención de rehabilitación ou uso por parte da cidadanía.

Nesta convocatoria queremos que nos axudes a descubrir eses edificios, locais, fábricas…lugares que te encontras no teu día a día, no teu barrio, en diferentes partes da cidade, e así elaborar un mapa visual de espazos baleiros na Coruña.

As imaxes recibidas serán expostas no noso blogue, facebook e twitter, e unha vez remate a convocatoria, depois do 13 de Maio, faremos un acto de presentación pública das imaxes e imprimiremos unha selección das mesmas que serán utilizadas en unha ou varias accións reivindicativas sobre espazos baleiros na cidade.

Podes enviar un máximo de 5 fotos de cada sitio que fotografies, pero non hai limite de número de espazos dos que nos podas enviar imaxes. É recomendabel pero non imprescindibel, de momento, que unha imaxe de cada serie tivese resolución suficiente para ser impresa (por exemplo: 300 pixeles/pulgada e un tamaño de 600 pixeles de altura, se a imaxe e vertical, ou 600 pixeles de anchura se é horizontal).

A seguinte información debe ser incluída no envio da/s imaxes:

  • O teu nome ou pseudónimo

  • Contacto (email ou teléfono)

  • Información de cada foto/serie de fotos:

    • Qué era este edificio? Nome, se tiña un.

    • Onde está localizado? (rúa, número, barrio)

    • (Opcional) Qué uso pensas que podería ter na actualidade? (breve)

Anímate e envia as túas imaxes a proxectocarcere@gmail.com antes do 13 de Maio, co tema «Coruña Baleira».

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: