//
estás a ler...
Escena

Rede “Cultura no Camiño”.


culturanocaminho

Do 4 ao 25 de marzo permanecerá aberto o prazo para que os concellos realicen a programación da Rede Cultura no Camiño.

Co motivo da celebración do 8º centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha unha programación cultural destinada aos concellos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago (incluídos os Camiños en proceso de recoñecemento oficial).

O obxectivo principal deste programa é por unha banda incentivar e promover a distribución de produtos culturais nos diferentes concellos vinculados ao Camiño de Santiago, e por outra facer chegar a cultura á cidadanía mediante a organización de eventos e actividades culturais.

Destinatarios
Poderán participar neste programa todos os concellos galegos polos que discorran os distintos Camiños de Santiago que así o soliciten en tempo e forma segundo a convocatoria que realice a Agadic xunto coa Axencia Turismo de Galcia.
A admisión dos concellos solicitantes farase segundo o criterio de orde de entrada no rexistro xeral da Agadic de cada unha das solicitudes, ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada a este programa.

Contido da programación
Poderán incluírse nesta programación espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por asociacións culturais, sociedades civís, mercantís ou empresarios individuais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Períodos de programación
A programación estruturarase nun único período que abrangue do 15 de abril ao 30 de setembro.

Máis informaición: galescena.info e agadic

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: