//
estás a ler...
Cultura, educación e formación, Escena

A asociación Lisístrata


Esta Asociación Cultural sen ánimo de lucro, fomenta o desenvolvemento cultural dende unha perspectiva sustentable e respectando os valores da cultura de Galicia.

Entre os seus fins está o potenciar a linga galega e a figura feminina, a súa historia e as súas creacións nos seus diversos ámbitos.

Unha parte importante é a promoción das artes escénicas e musicais, así como divulgar a literatura galega, tanto escrita como oral.

A recuperación da cultura tradicional coma lendas, mitoloxía, tradicións, cancións, danzas, así como tamén investigar e recuperar a nosa historia, costumes, xogos, oficios populares…

Nos próximos días desenvolverá estás accións:

MÉRCORES 19: Contando en feminino, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz (Oleiros), ás 18:30 h.

enfeminino

Contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Contos e historias para ir concienciando aos máis novos,onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

VENRES 21: Tecín soia a miña tea, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, en Vilagarcía de Arousa, ás 11:00 h. Para celebrar o Día da Poesía

tecin

Dramatización de poemas de Rosalía de Castro. Este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra… O desexo e ansias súas polo teatro “eu quería ser actriz e non me deixaron”. Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, e algunha canción para honrar a nai da nosa terra.

SÁBADO 22: Rimando e Xogando, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés, da Coruña, ás 12:00 h. Para celebrar o Día da Poesía

xogando

Neste espectáculo contamos historias en verso, historias de risa, de medo, da natureza, de xogos, da fala, cantares de cego… historias e versos que ás veces tamén son cantados, historias unhas, con actividades para nenas e nenos e outras nas que interactúan coa contadora. Poemas axeitados á súa idade e que entenden perfectamente, pequenos xoguetes poéticos cheos de entretemento.

Para obter máis inforamación sobre a Asociación Lisistrata podese consultar o seu blog http://lisistrata-asociacion.blogspot.com.es/

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: