//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Un Programa Marco para a Xestión Cultural Municipal


Options

Na realidade laboral da xestión cultural municipal podemos atopar grande diversidade nos enfoques de intervención e de metodoloxías, falta de referentes normativos ou criterios de intervención e avaliación comúns, compartidos de xeito intencionado.

As funcións que desempeña, os obxectivos que se perseguen, o enfoque ou perspectiva estratéxica que poden guiar as accións e o traballo na cultura dende a administración local son heteroxéneas, e isto dificulta que sexan vistas e valoradas como sólidas, fundamentadas en criterios obxectivos. Este feito debilita os posicionamentos técnicos e profesionais fronte a outros.

É necesaria unha ferramenta que de base e fundamente dende o colectivo ás decisión individuais, os puntos de vista técnicos fronte aos políticos. Esta ferramenta podería ser un Programa Marco elaborado por técnicos de cultura municipais de xeito participativo e colaborativo.

Un Programa Marco podería dar solución a algúns dos problemas derivados desta situación. Establecer prioridades, criterios, metodoloxías, perpectivas e obxectivos comúns para a xestión cultural feita desde os concellos, que fortalecerán as posicións e decisión técnicas.

No ano 2009 publicouse o Programa Marco de Educación Familiar, fora promovido pola Xunta (Secretaría Xeral de Igualdade, a Vicepresidencia), estaba enmarcado nun conxunto de accións máis amplas, contaba co apoio de institucións e organización (colexios profesionais, universidades…) e con persoal e medios técnicos asignados ao traballo de coordinación, redacción… Por qué non facer un para a xestión cultural?

O apoio institucional, sobre todo se ven acompañado de recursos, é importante, pero non imprescindible. Sería posible iniciar o deseño dun Programa Marco ideado e liderado dende abaixo seguindo un verdadeiro enfoque de abaixo- arriba. Podería contar con obxectivos máis modestos, ter menores expectativas de éxito, pero na mesma dirección de mellorar a calidade dos servizos culturais e de defender a profesionalidade.

Para quen siga lendo e teña interese nesta idea plantexo esta preguntas:

É posible elaborar un Programa Marco de Xestión Cultural Municipal de xeito colaborativo? É interesante facelo? Como pode facerse? Pódese facer dende abaixo arriba? Podes iniciar dun xeito informal? Son validas as novas tecnoloxías para suplir as dificultades de desprazamentos e da organización de encontros físicos? Sería preciso contemplar a necesidade de reunións presenciais? Que obxectivos comparten as administracións locais? Atopariamos consenso e puntos en común para establecelo como modelo a seguir? Que puntos debería ter?

Conversa

2 thoughts on “Un Programa Marco para a Xestión Cultural Municipal

  1. Sen dúbida que resulta imprescindible a elaboración dun Programa Marco no eido da Cultura municipal. Cada vez somos máis os profesionais que nas administracións locais temos a responsabilidade do desenvolvemento cultural dos habitantes, aumentando na mesma medida a diversidade de técnicas e criterios, sen que se saiba moi ben cal é o patrón e o obxectivo a perseguir.
    Esta dificultade de establecer uns principios de actuación nos concellos ven dada pola falta de definición das políticas culturais locais que formulan os partidos políticos, e polo escaso valor estratéxico que se lle concede á Cultura para o desenvolvemento da sociedade a medio e longo prazo.
    A indefinición nos Concellos xa parte da denominación e responsabilidades que se lles asignan aos profesionais da xestión cultural municipal. Desde animadores ata xefes de servizo, pasando por programadores, técnicos, dinamizadores ou auxiliares, son os nomes que en cada administración local empregan, sen ter claro desde os gobernos que son postos profesionais que traballan con semellantes obxectivos e técnicas. Ou como acontece aínda en moitos concellos, non dispoñen de ningún xestor cultural para levar a cabo políticas culturais. E o mesmo ocorre coas liñas estratéxicas que no eido da Cultura debera haber en cada territorio: concíbense desde o descoñecemento e a falta de rigor profesional e social. Ou simplemente non existe unha verdadeira política cultural.
    Aínda se segue confundindo un calendario de eventos culturais con estratexias de promoción cultural. E mantemos a idea de que “facer cultura” é manter ao cidadán coma un mero espectador. E ese non é o camiño para chegar a ter unha sociedade culturalmente madura do século XXI.
    Por iso, o meu apoio á iniciativa de emprender un proceso de confección e consenso dun Programa Marco da Cultura municipal. É necesario e oportuno E tamén complexo e esixente. Mais desde a profesión debemos apostar por comezar o camiño abandonando o desánimo e o derrotismo do que facemos gala en demasiadas ocasións.

    Posted by Carlos Lorenzo Pérez | Marzo 31, 2014, 5:19 pm
  2. Non podo menos que compartir as vosas ideas e opinións.

    A xestión cultural, foise conformando a golpe de cubrir necesidades, demandas, desexos, alí onde ían xurdindo. Como profesión é bastante recente (30 anos non son nada…), máis como labor, creo que vai sendo o momento de converxer os esforzos e ir definindo as bases con que debe contar unha profesión. E poder así alonxarnos dos caprichos, personalismos ou modas que flaco favor lle fan a cultura.
    Un programa Marco, serviría tanto de referencia para os profesionais, como para demostra-la forza e valía da disciplina.

    Non se me ocurre outro xeito de comezar ese camiño, que cos animadores, xestores, dinamizadores, xefes de servizo… Aqueles que coñecen as problemáticas, as necesidades e tamén as posibilidades. Aqueles que cada día lle buscan unha resposta ós diferentes problemas da forma que mellor consideran, pero que agochados e estreitados nas súas organizacións e na súa realidade municipal apenas teñen tempo ou as ferramentas axeitadas para poñer en común cos colegas, ou para coñecer a fondo o que se “coce” noutras realidades.

    Por onde comezar? Costaríame concretalo, pero xa existen documentos a ter en conta, experiencia profesional de sobra, pautas de referencia…Así que como todo camiño, comezase andando. Contade comigo.

    Posted by Teresa Espejo Guardiola | Abril 12, 2014, 10:31 am

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: