//
estás a ler...
Uncategorized

Xogando cun Imaxinario Programa Marco.


xogo

Consciente do inadecuado de construír un modelo de traballo e intervención na cultura empregando como base o douto ámbito, xa non digo copiando. Consciente tamén do erro que supón saltarse os procedementos participativos, proceso e a lóxica interna de creación dun estado da cuestión. Permítome de todos xeitos un xogo cos posibles paralelismo entre o Programa Marco de Educación Familiar e un inexistente Programa Marco da Xestión Cultural Municipal. Como digo un xogo, que obedece as súas propia regras e non ás da realidade, pero que penso pode animar e amosar como cercano un Imaxinario Programa Marco de Xestión Cultural Municipal.

O preámbulo do programa Marco de Educación Familiar comeza así:

Os Programas de Educación Familiar naceron na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 1994 coa publicación da primeira Orde na que se convocaban axudas para o seu desenvolvemento nas corporacións locais do territorio autonómico. Esta Orde, de carácter anual, foi a única referencia normativa para os programas ata o momento actual, o que supuxo unha debilidade na conceptualización e regulación do seu funcionamento”.

Os programas culturais nos concello son anteriores a ese tempo, aínda así nin sequera contamos con esta mínima normativa. Se ter unha única Orde como toda normativa é unha debilidade, non ter nin sequera iso é unha debilidade infinitamente maior. Poderiamos modificar este paragrafo para adaptalo á realidade da xestión cultural, como:

Os Programas Culturais levan moito tempo desenvolvéndose nas corporacións locais do territorio autonómico. Pese a isto, non existe ningunha referencia normativa para os programas ata o momento actual, o que supuxo unha debilidade “estrema” na conceptualización e regulación do seu funcionamento”.

No seguinte:

O presente documento pretende dar resposta á necesidade de crear un marco de referencia unificado para os programas de Educación Familiar das corporacións locais, no que se establezan as prioridades de actuación e os principios, criterios e directrices de organización, funcionamento e intervención socioeducativa aos que se deberán axustar”.

Que para a cultura podería ser:

O presente documento pretende dar resposta á necesidade de crear un marco de referencia unificado para os programas culturais das corporacións locais, no que se establezan as prioridades de actuación e os principios, criterios e directrices de organización, funcionamento e intervención aos que se deberán axustar”.

Sempre dentro do Preámbulo do Programa Marco de Educación Familiar, continuamos:

O Programa Marco concíbese, polo tanto, como un referente básico e obrigado co que se pretende acadar os seguintes obxectivos:

Establecer a liña base de calidade nos programas de Educación Familiar, promovendo a mellora permanente no seu desenvolvemento a fin de responder de forma efectiva ás necesidades das familias.

Unificar criterios de actuación e avaliación entre as/os responsables da Educación Familiar.

Servir de guía para a elaboración dos programas municipais de Educación Familiar e de instrumento que posibilite a orientación, seguimento e avaliación dos mesmos”.

Eu podería subscribir o mesmo enunciado para a cultura modificando tan so dúas palabras:

O Programa Marco concíbese, polo tanto, como un referente básico e obrigado co que se pretende acadar os seguintes obxectivos:

Establecer a liña base de calidade nos programas de cultura, promovendo a mellora permanente no seu desenvolvemento a fin de responder de forma efectiva ás necesidades da cidadanía.

Unificar criterios de actuación e avaliación entre as/os responsables de cultura

Servir de guía para a elaboración dos programas municipais de cultura e de instrumento que posibilite a orientación, seguimento e avaliación dos mesmos”.

Segue así:

Como documento marco, ten unha previsión de durabilidade no tempo, polo que unicamente debe reflectir principios e criterios xerais e non aspectos suxeitos a cambios a corto prazo. Así mesmo, se concibe como un documento flexible, de forma que favoreza e permita a súa adaptación ás diversas realidades municipais; e vivo, obxecto de revisión permanente, para adaptalo aos cambios sociais e familiares.

Tamén posibles carácterísticas para un documento similar para a xestión cultural.

Rematando o preambulo, xa nos atopamos con aspectos específicos da elaboración do Programa Marco de Educación Familiar. É máis dificil estabelcer paralelismos, pero sí ten en común elementos sun posible debate, quén debe participar? De que xeito ten que darse esa participación? Quén a lidaera? Con que apoios se pode contar e cales on imprescindibles? Qué consenso precisa?

O documento que se presenta foi promovido e coordinado polo equipo Tecendo redes -programa de apoio á Educación Familiar, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar-, e resulta do consenso acadado a través dun proceso participativo no que se implicaron:

208 responsables dos programas municipais de Educación Familiar da nosa Comunidade

Autónoma.

13 representantes do ámbito político, técnico e social, nomeadamente: da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, de equipos e servizos especializados, de asociacións e colexios profesionais de Educación Social, Traballo Social e Psicoloxía, de recursos do ámbito educativo e sanitario.

Cómpre dicir que o proceso participativo de elaboración do Programa Marco, tal e como estaba planificado, está sen rematar -situación derivada dunha decisión política, non técnica, de non continuación de Tecendo redes a partir do 31 de decembro de 2009-, polo que, de cara a futuras revisións e modificacións do documento, apuntamos algunhas liñas de actuación sobre como continuar o traballo:

Incorporar no proceso aos equipos profesionais dos servizos sociais comunitarios e especializados para consensuar os contidos e instrumentos de traballo compartidos.

Elaborar e validar entre os/as diferentes profesionais implicados no traballo con familias, unha proposta articulada de coordinación e traballo en rede, que permitira unificar unha linguaxe común e clarificar competencias, responsabilidades e itinerarios na intervención profesional con familias e infancias en situación de dificultade ou risco social.

Agardamos que a vós, responsables e profesionais da Educación Familiar dos concellos galegos, este documento vos oriente e axude na vosa práctica profesional. Así o desexa o equipo de Tecendo redes”.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: