//
estás a ler...
Cultura, educación e formación, Uncategorized

Axudas a concellos para infraestruturas e equipamento cultural


axudasNo Diario Oficial de Galicia do Xoves, 3 de abril de 2014, sae publicada a ORDE do 1 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a execución de infraestruturas de uso público, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 1 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a execución de infraestruturas de uso público, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

 

Obxecto
Por medio desta orde regúlanse as bases e a convocatoria de subvencións para o ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva, aos concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións de concellos, destinadas á execución de infraestruturas de uso público:
a) Obras de construción ou ampliación de instalacións deportivas ou culturais de uso público e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.
b) Creación, adecuación ou rehabilitación de espazos públicos: prazas, rúas, paseos municipais e parques destinados á infancia.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que teñan menos de 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 1 de xaneiro de 2013, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.
b) Ter remitidas as contas do concello correspondentes ao exercicio orzamentario de 2012 ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
No caso de agrupación ou asociación de concellos, deberán cumprir con estes requisitos todos os concellos agrupados ou asociados. A falta de acreditación do requisito de remisión das contas ao Consello de Contas por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención supoñerá a inadmisión desta.

Gastos subvencionables
1. Para os efectos desta orde, considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante, con posterioridade á publicación desta convocatoria, como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados neste artigo.
2. Para ter a consideración de gastos subvencionables deben respectar o previsto no artigo 7 do Regulamento (CE) 1080/2006, e cumprir os requisitos da Orde EHA/524/2008, do Ministerio de Economía e Facenda, do 26 de febreiro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondos de Cohesión (BOE nº 53, do 1 de marzo), e demais normativa de aplicación.
3. Serán gastos subvencionables aqueles que reúnan os seguintes requisitos:
a) En todo caso, as subvencións están destinadas á realización de investimentos, polo que serán subvencionables a execución de obras e a adquisición de equipamentos que sexan imputables ao capítulo VI do orzamento de gastos da entidade local, de conformidade coa clasificación económica establecida pola Orde EHA/3565/2008, do 8 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais.
b) As actuacións que se subvencionarán deberán responder ás seguintes tipoloxías:
a. Obras de construción ou ampliación de instalacións deportivas ou culturais de uso público e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.
b. Creación, adecuación ou rehabilitación de espazos públicos: prazas, rúas, paseos municipais e parques destinados á infancia.
c) Serán proxectos completos (fase única), susceptibles da súa posta en servizo inmediata como consecuencia directa da execución do proxecto subvencionado.
4. Sen prexuízo de calquera outra actuación que non se considere subvencionable como consecuencia do previsto nesta orde, na normativa xeral de subvencións ou na normativa específica que regula os fondos Feder, en ningún caso serán subvencionables:
a) Os gastos orixinados para a creación ou adquisición de bens que reúnan algunha das seguintes características:
1) Ser bens funxibles.
2) Ter unha duración previsiblemente inferior ao exercicio orzamentario.
3) Non ser susceptibles de inclusión en inventario.
4) Ser gastos previsiblemente reiterativos.
b) Os gastos relacionados no punto 2 das normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e o Fondo de Cohesión, aprobadas pola Orde EHA/524/2008, do 26 de febreiro.
c) Os investimentos de carácter inmaterial, os honorarios profesionais de redacción de proxecto e/ou dirección de obra, os asfaltados de pistas municipais e as obras na rede viaria municipal non incluídas no número 3.b) deste artigo, as obras de reparación e de mantemento, como rozas e limpezas de gabias ou reparación de fochas en vías públicas e a substitucións de lámpadas ou luminarias na luz pública.

Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: