//
estás a ler...
Xestión Cultural

Axudas a concellos para programas de dinamización da lingua galega


linguaA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas a concellos para programas de dinamización da lingua galega. As bases publicáronse no DOG do Luns, 14 de abril deste ano, naORDE do 4 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.

Obxecto
O obxecto desta orde é convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Beneficiarios
1.
Poderán ser beneficiarias as entidades locais de Galicia.
2. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais.
3. No caso dos agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común, as entidades integrantes nomearán un representante único que actuará como coordinador e interlocutor coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será o receptor da asignación económica.
4. As entidades locais ás que lle fose concedida e percibisen unha subvención para a creación dun servizo lingüístico ao abeiro da convocatoria de 2013, non poderán acceder a unha axuda para a creación dun servizo lingüístico nesta convocatoria.

Modalidades de axuda
1. As modalidades que adoptan estas axudas, para un concello ou un agrupamento de concellos, son as que a seguir se indican:
a) Creación dun servizo lingüístico.
b) Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico.
c) Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo lingüístico.
2. Cada entidade local (un concello ou un agrupamento de concellos) poderá solicitar unha única modalidade de axuda ao abeiro desta convocatoria, desestimaranse automaticamente as solicitudes que non cumpran este requisito. Así mesmo, tendo en conta que a prestación de servizos lingüísticos implica a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística, todas as modalidades de axuda incluirán a súa realización.
3. Para os efectos desta subvención considéranse:
a) Servizo lingüístico: departamento técnico inserido na entidade local, dotado de recursos materiais e humanos, que ten as funcións de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas e accións co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os ámbitos de actuación da organización, tanto interna como externamente.
b) Creación dun servizo: contratación de persoal técnico en entidades locais que na data de publicación desta orde non estean dotadas de servizo lingüístico e, polo tanto, non conten con persoal contratado para este fin.
c) Mantemento dun servizo: dotación de continuidade a un servizo lingüístico creado con anterioridade á data de publicación desta convocatoria de subvencións. Considerarase nesta modalidade sempre que o servizo lingüístico estivese aberto ata o mes de outubro do ano inmediatamente anterior e retomada a súa ocupación dentro do primeiro trimestre da convocatoria anual.
d) Reforzamento dun servizo: incorporación de máis persoal técnico, mediante a súa contratación, a un servizo lingüístico xa existente na data de publicación desta convocatoria.
4. Poderán ser obxecto de subvención as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2014.

Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día do prazo for inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: