//
estás a ler...
Xestión Cultural

Encontro de Profesionais da Cultura de Galicia e Norte de Portugal


Logo-da-AGPXCA Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural  traslada á cidade das Burgas a súa xeira de encontros-debate para profesionais da Cultura.  
O encontro celebrarase o vindeiro martes 6 de maio de 2014 de 16:30 a 20:30 no “Espacio Magma” (Rúa Bedoya, 27).Con motivo da capitalidade cultural 2014 do Eixo Atlántico, contaremos nesta ocasión coa colaboración do Concello de Ourense e abrimos tamén a participación a compañeiras e compañeiros do Norte de Portugal.
O punto de partida empregado nos debates organizados pola AGPXC é o documento “Pensamentos sobre: que facer coa cultura?“. Este documento naceu dun encontro similar celebrado no marco do Culturgal 2012, coa asistencia dun cento de profesionais, políticos, xornalistas e artistas de toda a Península. A xeira continuou na Coruña (maio 2013) e en Santiago de Compostela (febreiro 2014). Ducias de profesionais e políticos foron convidados para reflexionar sobre as conexións, problemáticas e posibles accións conxuntas no ámbito cultural.

A metodoloxía participativa aplicada nestes encontros son mesas de debate horizontais nas que se comparte o punto de vista e as situacións, problemáticas e liñas de traballo que cada colectivo ou entidade está a seguir dentro deste contexto. Búscase tamén que as persoas asistentes poidan coñecer novas visións dende sectores próximos pero cos que non sempre é doado atopar momentos para a reflexión conxunta. 

Se desexades asistir só tedes que confirmalo neste correo (info@xestoresculturais.org)

A AGPXC Agradece tamén toda a difusión que poidades dar ao encontro.
Facilítovos o enlace á información na nosa web e os post en redes sociais para que redifundades con tan só un clic 😉
http://xestoresculturais.org/encontro-profesional-cultura-de-galicia-e-norte-de-portugal-en-ourense/
https://www.facebook.com/agpxc.xestocultural/posts/533443953430940?stream_ref=10
https://twitter.com/xestocultural/status/459291393157259264

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: