//
estás a ler...
Cultura, educación e formación, Escena, Xestión Cultural

Convocatoria de axudas a festivais de carácter afeccionado


festafeccionadoConvocatoria de axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais. No DOG do 28 de maio publícase a RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2014 pola que se aproban as bases de subvencións a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado e se convocan para o ano 2014.

Obxecto

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o apoio a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado celebrados en Galicia, que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2013 e o 31 de outubro de 2014.

2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de calquera organismo dependente dela.

3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do evento.

Beneficiarios

1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, con establecemento operativo en Galicia, así como as universidades e entidades locais galegas, que leven a cabo algún dos eventos descritos no obxecto da convocatoria, e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar). Quedarán excluídas as solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta do evento, e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

2. As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas da Agadic se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao Protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundación de interese galego.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estar incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

4. Cada solicitante só se poderá presentar á presente convocatoria cun único proxecto.

Modalidades de axuda e imputación de créditos

O financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria realizarase, en todo caso, en función das dispoñibilidades orzamentarias. Destínase un total de 40.000 euros das aplicacións orzamentarias seguintes: 09.A1.432B.444, 10.000 euros; 09.A1.432B.460, 10.000 euros; 09.A1.432B.470, 10.000 euros, e 09.A1.432B.481, 10.000 euros. Ao estar distribuída a contía total máxima das subvencións convocadas entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria, tal e como se recolle no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contía 

1. A contía das subvencións determinarase en función das dispoñibilidades orzamentarias, o custo do proxecto e a puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración.
A porcentaxe máxima de concesión de subvención a través desta convocatoria a un evento non poderá exceder o 70 % do seu orzamento total, salvo para as solicitudes conxuntas de entidades locais, ou solicitudes de entidades resultantes de fusión, que poderá alcanzar ata un máximo do 85 % do orzamento subvencionable. A contía máxima adxudicada por solicitante non poderá exceder 6.000 euros.
2. Non terán dereito á recepción de axuda aqueles eventos que non alcancen, polo menos, 25 puntos na epígrafe B da base décima (valoración do proxecto para o cal se solicita a subvención).
3. Entre o total de eventos que teñan dereito á recepción da axuda, por cada modalidade, sumarase o total de puntos obtidos, e dividirase a contía total, por modalidades, entre os puntos obtidos, o que dará o valor do punto, que será multiplicado pola puntuación de cada un deles, para obter a contía subvencionada.

4. Non se poderán subcontratar, nin total nin parcialmente, as actividades subvencionadas, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: