//
estás a ler...
Cultura, educación e formación, Sociocultura, Xestión Cultural

Etiquetado Social en Sociocultura


socioculturaA rede social da cultura, Sociocultura, está a punto de facer un ano. Neste tempo ten sumado apoios, case cen membros conforman a esta comunidade, confiando no proxecto, e aínda que de xeito desigual compartindo información e contactos.

Un aspecto básico na súa concepción é o da especificidade, unha rede máis centrada no interese común dos membros pola cultura que na cantidade destes. Non pretendía nin pretende ser unha gran rede formada por un número elevado de membros, se non o de agrupar a persoas, colectivos e empresas que traballan no sector cultural, artellando unha estrutura que permitise determinadas  dinámicas de traballo en común, toma de decisión compartidas, intercambio de información… a configuración dun espazo virtual útil baseado na relación entre xestores  culturais.

Este segundo aspecto está por lograr, podemos valorar que a especificidade de Sociocultura é un obxectivo acadado, que case un cento de membros é unha cantidade axeitada, incluso grande para unha rede que pretende ser pequena. Queda pendente desenvolver accións que a doten de valor profesional, que xustifiquen a participación nela en termos de utilidade e non só de simpatía.

As posibilidades son moitas, pódense organizar espazos de traballo común, a cooperación entre membros, a divulgación de información, de formación on line….

Sociocultura non consiste só en por a disposición dos interesados unha ferramenta tecnolóxica e deixar que se use sen máis, é necesario o desenvolvemento actividades que orienten e dirixan as súas potencialidades á xestión cultural real, que coordinen o colectivo virtual coa realidade dos traballadores culturais. E así, houbo intentos como a creación do catálogo on line, ou a iniciativa para a autoformación grupal, con escaso éxito pero ainda abertas á participación e polo tanto con opcións a cumprir a súa finalidade.

Neste momento plantéxase unha nova liña de acción, unha proposta para a construción dun proxecto en común, entre todos os que conformamos Sociocultura, á catalogación e etiquetación social de recursos, ferramentas e páxinas de internet con potencial, interese e de utilidade para a xestión cultural.

Esta catalogación e etiquetado social consiste na recopilación colectiva de enderezos web valiosos e interesantes para traballar en cultura, e o que máis importante a súa etiquetación social (que oriente a futura busca por parte doutros compañeiros). O xeito de realización achega un elemento diferencial con respecto a opcións máis xeralista, sendo a acción conxunta dos participantes o que determina o valor da información.

A afectos prácticos isto pode concretarse do seguinte xeito:

  1. Cada membro de Sociocultura, coñecedor dun recurso, ferramenta ou espazo web de interese para a cultura decide compartilo cos demais membros.
  2. Entra dentro desta rede, e no apartado “páxinas compartidas” engade o enlace a dito recurso, pode describilo ou comentalo, é moi importante etiquetalo ben xa que será o xeito de ten a información ben clasificada, fácil de atopar por outros compañeiros.
  3.  Se estes pasos se completan poderiamos consultar este espazo para a busca de recursos para a xestión cultural, coa garantía de que a información que atopemos está posta alí porque unha compañeiros xa a valorou e a considerou de interese.
  4. Para completar a proposta pódese empregar a ferramenta de valoración asociada a cada elemento, afinando máis na información sobre seu interese.

Este proxecto de catalogación e etiquetación social de recursos de internet pode supor ademais do seu resultado máis ou menos práctico, a experiencia de participar nun proxecto colectivo suficientemente sinxelo na súa organización e metodoloxía como para poder desenvolverse nun contexto informal, pero ambicioso en canto ao obxectivo final.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: