//
estás a ler...
Escena, Xestión Cultural

Subvencións á distribución para as industrias culturais, asociacionismo profesional e salas de artes escénicas


agadicO obxectivo da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGDIC) é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores.

Neste senso convoca para este ano 2014 subvencións á distribución para as industrias culturais, asociacionismo profesional e salas de artes escénicas. As bases desta subvención atópanse na Resolución do 20 de xuño de 2014, publicada no DOG do
Xoves, 26 de xuño de 2014 e regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para:

a) Promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.

b) Potenciación do asociacionismo profesional no ámbito da produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural, con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Fomentar a estabilidade e consolidación das salas de artes escénicas de titularidade privada que desenvolvan programacións artísticas de carácter profesional.

Enlace á: RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2014 pola que se anuncia a convocatoria pública de subvencións á distribución para as industrias culturais, asociacionismo profesional e salas de artes escénicas para o ano 2014

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: