//
estás a ler...
Sociocultura, Xestión Cultural

Reactivar Sociocultura.


xc1A finais de 2010 iniciábase coa creación deste blog unha estratexia de comunicación que tentaba crear espazos dixitais de dialogo e coordinación que permitise aos xestores culturais posicionarse, tomar decisións conxuntas e ter capacidade de acción ante as problemáticas que nos afectan.

Co tempo fóronse engadindo elementos que con diferente éxito contribuiron a reforzar a posibilidades de comunicación e traballo arredor desta iniciatia (ao blog sumaronse prefís e contas en redes sociais, un news letter, a creación dunha rede social propia…). Manténdose activa de xeito estable durante máis de tres ano e medio ata que hai aproximadamente seis meses diminuíu a súa actividade.

Neste momento replantéxase a súa continuidade, retomando e reorientando os elementos principais:

  • O blog: Xestión cultural. Creado hai máis de catro anos.Tentará transformarse completamente nun espazo construido colaborativamente coas achegas de colaboradores estables ou esporádicos. Establecendo as súas liñas de actuación dun xeito participativo, decididas entre todos os colaboradores.
  • Boletín:  Este mesmo news letter XC tenta axudar a difundir e potenciar os demais espazos, axudando polo tanto a conformar unha comunidade activa arredor da xestión cultural. Creada hai máis de dous anos, publicouse e distribuíuse mensualmente de xeito ininterrumpido ata hai seis meses. Reanuda neste mes de xaneiro a súa distribución … Conta con máis de seiscentos subscritores activos e vinculados estreitamente a xestión cultural.
  • Redes Sociais: Actualmente están creadas contas en twitter e facebook, que serven para achegarse a persoas interesadas e distribuír información creada noutros espazos. Compre ampliar o seu potencial.
  • Redeespecífica para acultura:Sociocultura.Poderíachegar a ser oelemento centraldestainiciativa. Asferramentascoas quecontaposibilitanmoitosxeitos detraballocolaborativo, e deespazos para aposta encomún de ideas queproporcionecapacidade deacciónaosxestores cultural  grupo informalintegradopolosseusparticipantes.Plantéxase anecesidades de serxestionado taméndunxeitoparticipativo.
    • É importante ir promocionando e difundindo as potencialidades que teñen algunhas das súas ferramentas. A creación de grupos, catálogos de produtos ou servizos, axenda cultural…
  • Ir engadindo outros elementos que amplíen e reforcen os elementos xa creados e activos. Fixéronse intentos para a creación de espazos formativos on line, creación de foros…

Antendento a esta intención de reacitivar o conxunto de actividades on line arredor deste blog, e que estas a ler esta información, estás convidado a participar, a publicar os teus proxectos aquí, a rexistrarte en sociocultura.org, a manifestar as túas opinións e ideas de cómo mellorar esta estratexia…

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: