//
estás a ler...
Cultura, educación e formación, Xestión Cultural

Vermú con… Roberto Gómez de la Iglesia


Diapositiva1

A Asociación Gelega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) en colaboración co Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC, inicia unha serie de encontros informais con docentes foráneos que participan nesta iniciativa formativa. A idea é establecer un punto de encontro, sen periodicidade fixa, pero que nos permita compartir un vermú/café entre nós e coa participación de persoalidades de referencia para a nosa profesión, superando o formato de charla unidireccional.

cursoxcA primeira cita será con Roberto Gómez de la Iglesia, consultor experto en cultura e innovación, especialista na colaboración entre os mundos da cultura e da empresa. Foi durante 25 anos conselleiro delegado do grupo Xabide, unha das empresas pioneiras na península ibérica en xestión cultural, así como coordinador do proxecto Disonancias. Actualmente é director de c2+i e de Conexiones improbables.

  • Cando e onde?Sábado 14 de febreiro de 2015 ás 12:00 na zona vella de Compostela (o local será comunicado ás persoas asistentes).
  • Como inscribirse?Escribindo ao correo do Curso: formacion@xestioncultural.com antes das 14:00 do xoves 12 de febreiro.
  • Custe?De balde para asociad*s (consumicións non incluídas). O Curso asume todos os gastos da persoa convidada.
  • Prazas limitadas

A seguinte cita será o sábado 28 de febreiro con Susana Marques, da empresa portuguesa Setepés, que asiste como experta en coordinación e financiamento de proxectos europeos.

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: