//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Encontros sobre Boas Prácticas na Xestión Cultural de proximidade.


Diapositiva1A Asociación Galega de Profesionais da Xestíon Cultural leva celebrando durante os últimos anos unha xeira de encontros-debate en toda Galicia. Nestas iniciativas participaron centos de profesionais da cultura e xerouse tamén unha gran cantidade de información. Actualmente a está a organizar parte destes recursos, os que poden servirnos como modelos de boas prácticas, de cara a poder publicalos na web de dita asociación: http://xestoresculturais.org/

O primeiro bloque de recursos serán os relacionados coa xestión cultural de proximidade. O que pode ser un traballo que dé visibilidade á profesión dende unha óptica constructiva e positiva como son as boas prácticas.

Tomando principalmente como referencia o traballo previo da Comisión de Cultura da FEMP (2009) sobre a Axenda 21 da Cultura, as dimensións marco sobre a que estamos a estructurar os recursos son:

  • Participación cidadá e acceso á cultura. Públicos e tecido cultural local.
  • Ferramentas e mecanismos de bo goberno na acción cultural local: Recursos, avaliación, rendición de contas, transparencia.
  • cultura como factor de desenvolvemento local: social, económico e territorial.
  • Xestión do patrimonio culturalmaterial e inmaterial.

A súa intención agora é poder contrastar, mellorar e ampliar o traballo feito ata o momento en 4 encontros locais que se celebraron nas catro provincias galegas. As dinámicas serán áxiles e o debate terá un foco moito máis concreto que o de anteriores encontros. As citas celebraranse nas seguintes datas e localidades:

  • Lugo (luns 23 de febreiro – 16:30 a 20:00)
  • A Coruña (martes 24 de febreiro – 16:30 a 20:00)
  • Vigo (luns 2 de marzo – 16:30 a 20:00)
  • Ourense (martes 3 de marzo – 16:30 a 20:00)

obxectivo destes encontros sería compartir o traballo avanzado, xerar unha choiva de ideas e debatir arredor de varias cuestións:

  • Que valores, modelos, estratexias e procedementos consideramos boa práctica no eido local?
  • Que proxectos poden representar unha boa práctica neste eido?
  • Que persoas e entidades son unha referencia?
  • En que espazos, entidades ou sitios web podemos atopar coñecemento ou debate sobre boas prácticas neste eido?

A fonte desta información é a AGPXC, na súa web pódese acceder a máis información: http://xestoresculturais.org/

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: