//
estás a ler...
Cultura, educación e formación, Sociocultura, Xestión Cultural

Cinco semanas e cinco propostas para sociocultura.org


socioculturaAs cinco propostas recollidas neste artigo iran sendo potenciadas en semanas sucesivas, intentando centrar os esforzos. A delimitación temporal tenta tamén determinar se esta rede pode realmente axudar ao sector. Plantéxase do seguinte xeito:

Semana1 (do 2 de marzo ao 8 de marzo)

Empregar a ferramenta “bookmarks”, renomeada como “páxinas compartidas”, nun grade referente de enderezos webs e recursos on line para a xestión cultural.

Como facelo? Búscanse xestores culturais que compartan aqueles sitios en internet que lles foron útiles para o seu traballo, de tal xeito que se poidan reunión moitos enderezos socializados, ben categorizados, co valor de ter sido de interese para un compañeiro de profesión.

Semana2

Empregar a ferramenta “arquivos”, nun bo repositorio de documentos e arquivos para o traballo dos profesionais da cultura.

Como facelo? Do mesmo xeito que na proposta anterior aproveitar a experiencia individual para compartir recursos. Multiplicando a documentación a que podemos ter acceso segundo a número de persoas que se sumen a esta iniciativa.

Semana 3

Aumentar o número de membros.

A día de hoxe a sociocultura.org non chega aos cen membros. O normal nun grupo coma este é que a participación activa se centre nunha porcentaxe pequena de membros, isto sumado ao xa pequeno tamaño desta rede supón unha participación baixísima que redunda na dificultade de acadar os obxectivos para a que foi proposta, e polo tanto en desinterese.

Como facelo? Inscríbete, convida a compañeiros a rexistrarte.

Semana 4

Aproveitar parte dos “grupos” que se poden formar como un directorio público profesional.

Semana 5 (do 30 de marzo ao 5 de abril)

Transformar esta rede un espazo co-xestionado por todos os membros, coa toma de decisións sobre como debe funcionar, compartida.  Unha vez probada e experimentadas as anteriores propostas poderase decidir o interese ou non en que a rede siga aberta, de ser así os seus membros deberán apropiarse dela e guiar o seu futuro.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: