//
estás a ler...
Audiovisual, Cultura, educación e formación

RevoltAllo audiovisual


videorebeldiaOs colectivos A Xuntanza, Verdegaia e Amarante Setem, que veñen de organizar durante varios anos consecutivos o ciclo de cinema documental “Coñecer para cambiar”, decidiron o ano pasado reorientar a súa programación cara un novo formato onde queren poñer o foco na participación cidadá.

Xurdiu así o “RevoltAllo audiovisual”, que non é un típico ciclo de cinema documental, senón un espazo para o encontro do audiovisual cun público que deixa de ser suxeito pasivo para ser tamén partícipe activo e creador do seu propio discurso.

Desta volta enfocaron o seu esforzo na formación creativa e audiovisual, dirixida a persoas e colectivos que dalgún modo teñen relación co activismo social, cultural e/ou ambiental.

Será  Illa Bufarda quen achegue neste obradoiro práctico as ferramentas básicas para a videocreación.

VIDEOREBELDÍA: Obradoiro de videocreación crítica.

  • nº de horas formación audiovisual con Illa Bufarda: 9 horas.
  • nº de horas de traballo autónomo (gravación e finalización da edición): 4 horas.
  • datas da formación: luns 11, 18 e 25 de maio; de 19 a 22h.
  • grupo mínimo de 10 e máximo de 20 persoas.
  • prezo: 50 €

Inscricións: antes do 30 de abril a través deste formulario

Máis información no documento ao que leva esta ligazón: folleto videorebeldí­a 3

A información recollida neste artigo provén dun correo electrónico recibido de Illa Bufarda.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: