//
estás a ler...
AGPXC, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Cultura, educación e formación, Xestión Cultural

Renovación da directiva da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural


O mércores 15 de abril de 2015ás 17:00 horas, na sala de xuntas do Salón Teatro de Santiago de Compostela tivo lugar unha Asemblea xeral extraordinaria da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Entre outras decisición importantes destaca o relevo na xunta directiva da AGPXC. Alberto García (Técnico de Cultura no Concello de Boiro) é o novo presidente da AGPXC, sucedendo a Julio Gómez (Sinsal), quen viña desenvolvendo o cargo nos últimos tres anos.Diapositiva1

A nova xunta directiva, unha mostra da plural representación do sector público e do privado presente na AGPXC, queda composta por:

  • Presidente: Alberto García (Técnico de Cultura no Concello de Boiro)
  • Vicepresidenta: Cristina R. Labandeira (O Cable Inglés)
  • Secretario: Carlos Lorenzo (Técnico de Cultura no Concello de Carral)
  • Tesoureiro: Julio Gómez (Sinsal)
  • Vogal 1: Desirée Vidal (Freelance)
  • Vogal 2: Suso Amado (Técnico de Cultura no Concello de Santiago de Compostela)
  • Vogal 3: Marcos Lorenzo (Freelance)

Na mesma asemblea decidiuse que a AGPXC desenvolva as súas liñas de traballo principais grazas a unha estrutura de “xunta directiva” extensa e flexible, onde teñan cabida todas as socias e socios que desexen participar activamente.

A información recollida neste artigo provén dun correo electrónico recibido da dirección da AGPXC. Quen teña interese en ter máis información pode visitar a súa web http://xestoresculturais.org/

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: