//
estás a ler...
Cultura, educación e formación, museos, Xestión Cultural

Cultivando Cultura


Os Museos de Compostela celebran o Día Internacional dos Museos co lema “Cultivando Cultura”

 Do 18 ó 23 de maio varios museos composteláns celebran o Día internacional dos Museos (DIM) con accións coordinadas entre os centros participantes.

 A partir do luns 18 e ata o sábado 23 de maio os museos que participan na iniciativa DIM Composteladesenvolven unha programación coordinada baseada na achega dos museos a unha sociedade sustentábel, lema proposto para a xornada internacional dos museos 2015 polo ICOM (Consello Internacional de Museos).

 Os museos promotores desta idea son Museo do Pobo Galego, CGAC, Fundación Granell, Museo Catedral,MUPEGA, Museo de Historia Natural e Museo das Peregrinacións e de Santiago. Todos eles ofrecen unha serie de accións e actividades destinadas a promover o patrimonio e a cultura dende a perspectiva da sustentabilidade.

 A escolla do lema “Cultivando Cultura” fai referencia á diversidade cultural entendida como produto e parte da biodiversidade pola que temos a responsabilidade de velar. Deste xeito os Museos do DIM Compostela representan a relación entre a biodiversidade e a diversidade sociocultural a través dunha acción conxunta que pon en valor os recursos naturais endóxenos, usando variedades hortícolas tradicionais ás que se asocia unha parte importante do patrimonio cultural dos pobos.

 As actividades comprendidas en “Cultivando Cultura” comezan o luns 18 con xornadas de portas abertas en algúns dos museos e continua durante toda a semana con música, conferencias e obradoiros aos que se suman roteiros guiados polo Parque de Vista Alegre de man do Museo de Historia Natural e visitas guiadas relacionadas coa educación ambiental no MUPEGA.

 Outras accións do DIM Compostela inclúen visitas teatralizadas no Museo das Peregrinacións e de Santiago,geocaching no CGAC, unha guía lúdica para familias no Museo do Pobo Galego e acceso guiado ó taller de restauración do Museo Granell.

 A programación remata o sábado 23 coa Sesión Vermú do CGAC e Museo do Pobo galego, que inclúe os concertos de Alessandra Rombolá(Vertixe Sonora Ensemble) e de Cinta Adhesiva.

CARTAZ1

triptico_def

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: