//
estás a ler...
Cultura, educación e formación, Escena

II Xornadas Gatea de Teatro e Educación


gatea

 

A Asociación Cultural galega Gatea: Artes escénicas para todos os públicos (Galicia) organiza os días 15, 16 e 17 as II Xornadas Gatea de Teatro e Educación, no Fórum Metropolitano da Coruña.

 

 

As xornadas

O Venres 15 de xaneiro:

  • Presentación ás 18 h.
  • De 18:15 a 21:15 h. Conferencia sobre o Proxecto Lova “A ópera como vehículo de aprendizaxe”. Experiencia levada a cabo no CEIP San Sadurniño.

O sábado 16 d xaneiro:

  • De 11 h. a 13:30 h. Conferencia Coloquio: Políticas culturais locais e teatro: argumentos, axentes e boas prácticas”. Héctor Pose. Doutor en Psicopedagoxía. Universidade da Coruña.
  • As 16:30 h. Obradoiro teatral “A máscara e ti”, por Kevin Steward de Katarsis Teatro y Educación. E de balde pero precisa inscrición por correo electrónico (gatea.teatro@gmail.com).
  • 18:30 h. Espectáculo “ Se eu fose maior” Katarsis Teatro y Educación. Para o espectáculo e necesario sacar entrada (6 €)

Para finalizar, o domingo 17 de xaneiro:

  • Ás 12 h. Concerto didáctico: “O Coro da Rá”, dirixida por Ramón Bermejo. É necesario sacar entrada (6 €).
  • Clausuras ás 13:00

A Asociación Gatea:

Fundada no ano 2011, os obxectivos fundamentais de Gatea son utilizar as artes escénicas como medio de aprendizaxe, reflexión, motivación artística e desenvolvemento das capacidades creativas. Gatea esta composta por diferentes entidades: Katarsis Educación, Elefante Elegante, Caramuxo Teatro, Escola infantil Caracola e Compañía do Trinke Trinke

Para ter máis información sobre Gatea e as Xonadas de Teatro e Educación pódese consultar o seu perfil en facebook,  ou as webs das compañías que forman Gatea

www.katarsiseyt.com
www.elefanteelegante.com
www.caramuxoteatro.com
www.trinketrinke.com

O contacto coa entidade e para inscribirse nas xornadas é: gatea.teatro@gmail.com

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: