Quedadas da AGPXC. Que debes saber das subvencións

  No marco das “Quedadas” organizadas pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Carlos Lorenzo, técnico de Cultura de Carral e xerente de INICIA Consultoría e Xestión durante oito anos, falará das claves para enfrontarnos á análise e tramitación de subvencións do ámbito cultural. Entre outros asuntos falarase de: - avaliar se realmente nos... Seguir lendo →

Advertisements

Obradoiro sobre Escenarios de Futuro

Na Illa Bufarda están organizando, xunto á xestora cultural Olga Romasanta, un obradoiro sobre Escenarios de Futuro impartido por Jorge Navacerrada da empresa social Altekio Soc. Coop. Mad. con ampla experiencia nesta metodoloxía de traballo comunitario > http://altekio.es/ Para inscricións ou ampliar información só hai que escribir un correo a info@illabufarda. Quedan moi poucas prazas. ACHEGAMENTO... Seguir lendo →

O noso conta

Baixo a premisa de que “no país dispomos dun rico e denso patrimonio cultural pero fáltannos bos relatos que o dean a coñecer e o mostren dun xeito atractivo”, creouse un grupo de traballo no campo do turismo cultual en Galicia. Este grupo, impulsado por Marcos Lorenzo e Sergio Lago (BenCuriosa, Curso de Experto de Xestión Cultural da USC), en... Seguir lendo →

Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Cidade da Cultura de Galicia convoca a terceira edición dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia. O premio será a incorporación gratuíta durante doce meses ao espazo de coworking da Cidade da Cultura e un premio en metálico... Seguir lendo →

Cultivando Cultura

Os Museos de Compostela celebran o Día Internacional dos Museos co lema “Cultivando Cultura”  Do 18 ó 23 de maio varios museos composteláns celebran o Día internacional dos Museos (DIM) con accións coordinadas entre os centros participantes.  A partir do luns 18 e ata o sábado 23 de maio os museos que participan na iniciativa... Seguir lendo →

Renovación da directiva da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

O mércores 15 de abril de 2015ás 17:00 horas, na sala de xuntas do Salón Teatro de Santiago de Compostela tivo lugar unha Asemblea xeral extraordinaria da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Entre outras decisición importantes destaca o relevo na xunta directiva da AGPXC. Alberto García (Técnico de Cultura no Concello de Boiro) é o novo presidente da AGPXC, sucedendo a Julio Gómez (Sinsal), quen viña desenvolvendo... Seguir lendo →

Ciclo 15 Visións da Xestión Cultural

O máster universitario en xestión do patrimonio artístico e arquitectónico, Museos e mercado de arte da Universidade de Santiago de Compostela, organiza o ciclo “Ciclo 15 Visións da Xestión Cultural Hoxe”, no que se tratarán diferentes eidos en relación á xestión cultural. Desenvolverase nas seguintes datas Martes, 28 de Abril Martes, 5 de Maio Martes,... Seguir lendo →

Cinco semanas e cinco propostas para sociocultura.org

As cinco propostas recollidas neste artigo iran sendo potenciadas en semanas sucesivas, intentando centrar os esforzos. A delimitación temporal tenta tamén determinar se esta rede pode realmente axudar ao sector. Plantéxase do seguinte xeito: Semana1 (do 2 de marzo ao 8 de marzo) Empregar a ferramenta “bookmarks”, renomeada como “páxinas compartidas”, nun grade referente de... Seguir lendo →

Unha nova política cultural

O xestor cultural Marcos Lorenzo publicou no xornal on line Praza Pública o artigo “Por unha nova política cultural en Galicia”. Expón os criterios que considera deberían guiar unha acción de goberno no ámbito de cultura, estruturando a súa reflexión arredor das áreas temáticas: democracia cultural, cohesión social, educación, identidade, mercado cultural e equipamentos. A... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: