//
DAFO colaborativo

DAFO colaborativo.

Resultado preliminar da análise DAFO colaborativo feito por técnicos de cultura municipais (na mesma liña estamos a traballar nun DAFO colaborativa no sector das artes escénicas e outro no non lucrativo). A partir de agora abrirase un foro de debate neste mesmo espazo para discutir, modificar ou ampliar este primeiro resultado. Cremos necesario este debate para reforzar o seu aspecto colaborativo, e tamén para correxir ou ampliar as conclusións destes primeiros resultados. Nesta primeira fixose unha labor de síntese que poder (sen pretendelo) distorsionar a información dalgunhas achegas.

Podes descargar aquí o documento completo.

Oportunidades

Temas máis mencionados: Novas tecnoloxías, a demanda da cidadanía (de cultura), bos recursos (tradición, patrimonio, profesionais, metodoloxía, mesmo infraestruturas).

–          Novas posibilidades tecnolóxicas para o deseño de produtos culturais e para a comunicación.
–          A animación sociocultural coma metodoloxía de intervención.
–          O cambio co gran desenvolvemento das  novas tecnoloxías redunda nunha nova forma de entender o tempo de lecer. Isto obriga á oferta cultural a telo en conta, incorporando estas novas tecnoloxías.
–          A alta tecnoloxía da rede wifi, que cobre todas as zonas illadas nos concellos rurais.
–          Novas posibilidades de formación profesional do sector.
–          Existen recurso infrautilizados, espazos, bens culturais sen valorizar, ferramentas susceptibles de axudar á xestión da cultura, metodoloxías útiles que apenas son empregadas… hai espazo para mellorar procesos, prácticas e hábitos no traballo da xestión cultural.
–          A oportunidade de contar con aulas de informática e con locais culturais por parroquias dos concellos rurais, supoñendo un verdadeiro lugar de encontro e onde poder realizar as actividades cos veciños, de forma máis cercana.
–          Centrarnos na democracia cultural en lugar da democratización da cultura.
–          Estratexias que poñan en valor outras formas de goce da cultura como é o teatro, a tradición oral,  tan importante en Galiza (contacontos, regueifas, música ) etc. Estes elementos tradicionais da nosa cultura son tamén moi apreciados e iso é unha oportunidade para o noso traballo.
–          Poder traballar coas distintas asociacións culturais
–          Mantenza da demanda de produtos culturais.
–          O traballo colaborativo co tecido asociativo e outros axentes sociais.
–          A existencia de escolas (de teatro, música, etc..) pon tamén á poboación nunha boa disposición para o goce da oferta cultural, é un factor de socialización e de lecer moi importante.
–          Nos últimos anos nas vilas pequenas ofértanse máis actividades lúdicas e culturais para nenos e maiores, favorecendo á poboación en xeral, evitando que as  actividades culturais queden relegadas ás cidades. Obténdose unha resposta positiva da xente (impensable hai pouco tempo).
–          A existencia de recursos económicos, materiais e humanos.
–          As situación actual de cambio poden ser unha oportunidade para situar o sector cultural nun lugar máis destacado, cun maior protagonismo social.
–          As novas tecnoloxías, que chegan a todo o mundo, servindo así para publicitar actividades e  explicar o do porqué é bo que veñan a velas.
–          Dispoñibilidade de contactos, tanto locais coma provinciais, autonómicos e incluso estatais, tanto no referente a empresas de dinamización, persoeiros relevantes nalgunha manifestación cultural…
–          A cultura é necesaria para superar crises, para facer adaptación entre as persoas e a tecnoloxía, no contexto actual a creatividade debe acadar un papel protagonista, gañando valoración social fronte á áreas que tradicionalmente xa o teñen.
–          A cidadanía reclama cada vez mais servizos e produtos culturais.
–          Uso das novas tecnoloxías coma medio para acadar obxectivos e aproveitar oportunidades, así coma medio de crecemento persoal e profesional, tanto a nivel individual coma colectivo.
–          A transversalidade, a cultura abrangue todos os ámbitos da vida, potenciando a cultura pódese axudar a solucionar outras problemáticas sociais (igualdade de oportunidades, medio ambiente, educación…), o investimento en cultura  mellora tamén outras áreas.
–          Movemento asociativo.

 Ameazas

Temas máis mencionados: Política, recursos económicos escasos e inestables, dependencia de subvencións, a situación de crise económica.

–          Estratexias políticas que non apoian a cultura.
–          A coñecida crise económica, que nos deixa con pouco presuposto para poder actuar no ámbito da cultura
–          A crise, como a todo, aféctanos directamente como a maior ameaza externa.
–          O Escaseza de recursos nas empresas culturais: os propios grupos culturais cada vez teñen menos recursos e menores opcións para poder desenvolver o seu traballo.
–          Escaseza de recursos económicos tanto a nivel municipal coma naqueles recibidos por parte de institucións provinciais e autonómicas
–          O anterior deriva en que as políticas culturais municipais cada vez vense máis restrinxidas (a cultura relegada a un segundo plano).
–          Progresivo empobrecemento da poboación que dificulta o acceso á cultura.
–          Adaptación ás novas tecnoloxías e a novas formar de traballar, fan preciso un esforzo de adaptación e cambio que de non producirse poden supor o estancamento da profesión.
–          Posibilidades de cambio nas competencias en materia de cultura nas administración públicas.
–          O necesario liderado institucional parece non asumir a responsabilidade que lle corresponde.
–          Desaxuste entre a oferta e a demanda: os grupos, empresas culturais ofrecen opcións reducidas economicamente, máis aínda así, faise complexo o poder acollerse a elas, ter acceso á contratación. Pero os grupos atópanse ao mesmo tempo con que tampouco poden facer maiores reducións no custo para que realmente lles compense.
–          Aumento da piratería.
–          A cultura é a primeira área na que se recortan orzamentos.
–          A situación xeral de crise e recortes que inflúe e ameaza de forma especial ao sector cultural. Isto fai que , por unha banda teñamos menor orzamento para contratar actuacións e , por outra banda, que a oferta tamén sexa máis precaria xa que desaparecen compañías teatrais, por exemplo, ou fanse máis pequenas, cambia o tipo espectáculo desaparecendo os de grande formato, etc…
–          As dificultades de financiamento que sempre existiron, increméntanse  no momento actual.
–          Falta de recursos económicos.
–          Dependencia de subvencións.
–          A falta de axudas e subvencións tanto para nós para contratar e programar, como para o sector cultural para ofrecer, tamén é unha importante ameaza. A cultura galega está especialmente ameazada ao non existir un compromiso real a que a promocione. Toda esta situación inflúe nas boas prácticas e fai que o noso traballo , a nosa capacidade de actuación se vexa moi minguada, sexa moito máis precaria.
–          Regresión na cultura de base (obradoiros, escolas, cultura como afeizón…)
–          O ambiente cambiante e inestable, a ambigüidade das políticas públicas, a falta de referencias claras para as intervencións  públicas en cultura. O “todo vale” perxudica o establecemento de prioridades , e o mantemento dunha estratexia continuadas e coherente.
–          Falta de visibilidade.
–          Falta de estabilidade laboral, e a consecuente estabilidade nas intervencións e liñas de traballo.

Fortalezas

Temas máis mencionados: a pontecialidade dos profesionais, o valor do obxecto de intervención ( cultura galega), receptividade da cidadanía, o sector non lucrativo ou a cultura no rural.

–          Colectivo profesional máis definido, mellor identificado e mellor formado.
–          Temos unha oferta cultural ampla, entendida no senso de manifestacións culturais: grupos musicais, teatrais, de danza, literarios…
–          Aumenta o recoñecemento da cultura como factor primordial dunha sociedade
–          Non é posible que unha comunidade prospere ao tempo que a súa cultura entra en decadencia, o nosos sector é imprescindible para acadar o progreso e o benestar. Antes ou despois a sociedade terá que entendelo.
–          O sector cultural galego é u sector forte con moitos profesionais moi relacionados entre si, a maior parte deles cunha implicación non só profesional, senón tamén persoal coa cultura galega.
–          Mantenza da cultura  (algunha) de balde: bibliotecas, exposicións…)
–          A cultura  entendida coma fonte do establecemento de vínculos e relacións interpersoais, coma forma de ocupación do tempo libre dunha maneira enriquecedora tanto persoal coma profesionalmente e a nivel social. (o que a cultura pode ofrecer á sociedade).
–          O público, en xeral , ten unha boa apreciación da cultura como elemento de formación e lecer para os cativos. As actividades culturais sempre funcionan moi ben co público infantil.
–          O sector conta con bos profesionais, materia prima (bens, elementos e manifestacións culturais), metodoloxías e tamén cun publico cada vez máis receptivo.
–          Experiencias e casos de éxito que poden servir de modelo para novas intervencións.
–          A cercanía da figura do animador sociocultural, coñecido e apreciado pola comunidade.
–          A implicación persoal e colectiva (participación social) coma fonte de desenvolvemento de programas e servizos culturais.
–          As asociacións culturais son un elemento básico facilitador dun desenvolvemento dos programas.
–          Existencia de infraestruturas e recursos conseguidos nos últimos anos.
–          A cultura ten boa prensa, en teremos xerais sempre ten connotacións positivas.
–          En Galicia, tamén nos concellos rurais, contamos con moitas ferramentas para poder facer da cultura un éxito, tales como os elementos patrimoniais, relixiosos, a natureza, os ríos, etc. incluidas as festas patronais que se realizan ao longo de todo o ano.
–          Nos concellos rurais a poboación non está saturada de actividades, e polo tanto teñen boa acollida.
–          Boa aceptación de programas e actividades por parte da cidadanía.
 

Debilidades

Temas máis mencionados: Inestabilidade e malas condicións laborais (labor profesional pouco recoñecida, mal pagada, pouco valorada), financiamento da cultura, sector desartellado (heteroxeneo, illado…), Políticas culturais inadecuadas, falta de definición en aspectos básicos das intervencións (metodoloxías, o papel da participación, heteroxeneidade de intervencións), falta de I+D+I, confusión da organización de eventos puntuais con cultura.

–          Colectivo profesional pouco recoñecido socialmente.
–          Mal momento para os profesionais, mal pagados e pouco valorados.
–          A inestabilidade laboral.
–          Falta de continuidade nos postos de traballo.
–          Compre mellorar: a concepción propia da intervención cultural, estratexias de intervención, técnicas colaborativas, medios de difusión e implicación social… chegar á xente e que esta se implique (gran reto persoal este).
–          A evitar: pensar que sen recursos económicos no ámbito cultural non se poden establecer custos.
–          Sector moi amplo, polo cal con dificultades de vertebrarse.
–          O público percibe e reduce á cultura á celebración de festas e actuacións musicais, teatrais, literarias… que lle teñen que ver dadas.
–          Mantenza dalgúns sectores sociais distanciados da cultura.
–          Diferenzas entre cultura e pública e “privada”.
–          I+D+I pouco implantada no sector, agás sectores concretos como os videoxogos.
–          Escasa e/ou nula implicación persoal e/ou colectiva no emprendemento de iniciativas culturais ou incluso de colaboración municipal.
–          O modelo de financiamento público da cultura (subvencións, axudas…).
–          Dependencia económica doutras administracións, como a municipal que depende da Deputación.
–          Concentración das intervencións en materia de cultura en ámbitos xeográficos moi específicos (vilas nas que vive unha parte concentrada pero pequena da poboación. E en datas e eventos moi concretos (entroido, feiras ou festas patronais).
–          A asignación de grandes recursos a ámbitos e proxectos mal xestionados en detrimento de outros que merecían máis.
–          Incomprensión por parte dos gobernos e poderes políticos do valor dos bens culturais, do patrimonio e da cultura galega.
–          A política coma fonte de problemas máis que de solucións.
–          A cultura non chega a ser considerado un ámbito importante nas políticas públicas, é minusvalorada e empregada como medio …
–          Falta de internacionalización.
–          Falta de implicación real da política coa cultura xa que tende a verse como algo superfluo e é o primeiro sector que sufre cando hai orzamentos pequenos. Iso tamén leva a unha falta de persoal nos departamentos de cultura que fai que os técnicos de cultura sexan á vez animadores, programadores, monitores de obradoiros etc…
–          Febles departamentos de cultura. Deberían fortalecerse para un mellor desenvolvemento do noso traballo que redundaría na mellora do servizo que ofrecemos.
–          Desestruturación, iniciativas illadas, dispersión de esforzos e recursos, … falta de coordinación.
–          Falla de obxectivos común, liñas de traballo consensuadas, plantexamentos e obxectivos pouco definidos, a pregunta ¿Qué debe facer a administración no ámbito da cultura? Non ten unha resposta clara.  Falta de obxectivos comúns, coherentes, e compartidos entre administración, e menos aínda entre sector público e privado.
–          Aspectos das nosas intevencións considerados fundamentais na teoría ou no discurso, quedan sen asignación económica, de recursos, ou esforzos, quedando na práctica relegados e subordinados á aspectos mais visibles pero as veces menos fundamentados.
–          O urxente cómese ao importante.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: