Rede Social Sociocultura

SC

Sociocultura é a primeira rede social galega específica para a cultura, co obxectivo de se converter nun espazo para compartir contidos e establecer colaboracións entre xestores culturais.

Comeza a súa actividade pública o luns un de xullo de 2013, no espazo dixital www.sociocultura.org , todas as persoas, organización e empresas que o desexen poden crear os seus perfís de xeito sinxelo e gratuíto, e establecer relacións co resto dos membros da rede.

Existen moitas redes xeralistas como facebook, twitter ou linkedin, esta nova rede espera poder dar resposta aos intereses e necesidades específicas das persoas e grupos formais ou informais que desenvolven a súa actividade principal no sector cultural. A principal idea que xustifica a súa creación e a posibilidade de construír  unha rede pequena, e que precisamente esta característica pode establecer un contexto relacional de confianza e colaboración.

Pensamos que esta rede pode axudar a todos os que queiran formar parte dela a:

Atopar colaboradores que compartan inquedanzas e posibles proxectos.

Darse a coñecer, difundir ideas e dar a coñecer traballos e servizos.

Dispoñer dun espazos para identificarse e posicionarse nun entorno social axeitada as nosa actividade.

Participar no intercambio de ideas, e toma de decisións dotándoas de carácter compartido que as fortaleza.

Orientar as accións individuais para darlles valor social, creando sinerxias, potenciando a conexión entre iniciativas individuais potenciando a súa eficacia transformadora.

Concentrar a información sobre a cultura nun espazo accesible, dinámico e participativo, construído en común.

E qué necesita “sociocultura” dos seus membros?

Que participen, que establezan lazos e conexións con outros membros, que expresen opinións, que acheguen ideas e amplíen a rede a outras persoas. Que axuden a crear unha comunidade viva, dinámica e critica, que ao sumar esforzos gañe capacidade de influencia e posibilite transformacións.

Entra, rexistrate e participa en www.sociocultura.org !

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑