PROXECTO BUSERANA


Concello de Muxía
Departamento de Cultura
Técnico: Viki Rivadulla
proxectobuserana.blogaliza.org
Presentación do proxecto en PDF: Proxecto Buserana

O Proxecto Buserana, nova achega para participar no concurso de  “ideas e proxectos”, pasando a formar parte do  ”banco de ideas innovadoras” para a xestión cultural.

p buresana

Entendemos por Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas -xunto cos instrumentos, obxectos, artefactos e espazos asociados a esas prácticas- que as comunidades, os grupos e nalgúns casos os individuos recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural.

O Proxecto Buserana é un proxecto pola salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial, que facemos no Concello de Muxía dende hai anos. É un proxecto que xa se está levando a cabo e do cal pódense ver resultados. É un proxecto transversal que vai dotando de sentido todo o que facemos no departamento de cultura. De este proxecto derívanse moitas actividades (como, por exemplo o obradoiro de doces de antroido para nenos /as, os obradoiros de secado do congro, etc…) e o compromiso de que o proxecto vaia guiando as actividades que programamos .Ten a virtude de ser un proxecto participativo que consigue implicar á poboación.

Proxecto Buserana levase a cabo dende o Departamento de Cultura do Concello de Muxía, xa hai tempo que comezamos a traballar nel, pero hai pouco botamos a andar o blog do proxecto: proxectobuserana.blogaliza.org , neste blog podedes ver realmente o traballo feito no Proxecto Buserana e o que se está a facer. O blog permítenos compartir resultados, recoller colaboracións etc…este blog é a mellor forma de facer que o proxecto funcione de forma colectiva.

Podedes descargar o documento completo aquí Proxecto Buserana e máis información en proxectobuserana.blogaliza.org 

Comentarios pechados

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑